Novas

María Gonzalez Carvajal, alumna do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, recolleu este venres 24 de maio un dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior.

 

A alumna María Gonzalez Carvajal, do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, recolleu o pasado día 24 de maio un dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior .

 

 

María González Carvajal coa profesora Sara Buide

A profesora Sara Buide con María González Carvajal na entrega dos premios

Os alumnos de FP Básica participan no Galicia Skills

 

  

  

 

                                               

Os alumnos de FP Básica do  IES San Rosendo de Mondoñedo participan, facendo unha demostración da súa especialidade de florería, no Galicia Skills, un certame que se desenvolve entre o 30 de novembro e o 1 e 2 de decembro no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda unha centea de estudantes de Formación Profesional de corenta centros de Galicia medirán as súas habilidades e coñecementos.

Para ver a entrega de premios: https://youtu.be/hqVN1_PdTm0

 

A nova na Voz de Galicia

A nova no Faro de Vigo

 

A raiña Letizia inaugurou o curso escolar de Formación Profesional no IES San Rosendo de Mondoñedo

 

A raiña Letizia inaugurou de forma oficial o curso de Formación Profesional no  IES de San Rosendo de Mondoñedo acompañada polo ministro de Educación, o presidente da Xunta e o conselleiro de Educación.

A raiña contemplou como traballaban os alumnos de FP e despois, tras o protocolario acto inaugural, visitou unha exposición de proxectos innovadores de FP que desenvolven dez centros de Galicia interesándose polos detalles de todos eles. 

 

Video procedente de La Voz de Galicia

 

 

 

A raiña Letizia presidirá no IES San Rosendo o acto oficial de apertura do curso estatal de Formación Profesional (FP) 2016-2017.

A raiña Letizia presidirá en Mondoñedo o acto oficial de apertura do curso estatal de Formación Profesional (FP) 2016-2017. O acto de apertura do curso de Formación Profesional celebrarase no Instituto de Ensinanza Secundaria (IES) San Rosendo, a partir das 11:30 horas.

Además da Raiña, está prevista a participación no acto protocolario do ministro de Educación, Iñigo Méndez de Vigo; do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e do conselleiro de Educación, Román Rodríguez.

O departamento de Agraria recibiu un premio ao proxecto de innovación desenvolvido durante o curso escolar 2012-2013

    A dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa mediante resolución de 31 de decembro de 2013 pola que se resolven os premios a proxectos de innovación tecnolóxica desenvolvidos durante o curso escolar 2012-2013 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional, , decidiu premiar, dentro do ambito D (Forestal e madeira), ao Proxecto Mondoñedo elaborado polo Departamento de Agraria do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo.

 

Resolución da convocatoria de Premios a Proxectos de Innovación

 

 

Cursos gratuitos preparatorios dos celga 1, 2, 3 e 4.

Falso positivo por COVID no centro.

Detectado un positivo por Covid nun dos alumnos do IES San Rosendo activouse o protocolo. Avisouse ao alumnado contacto directo e, sabiamente, outros optaron por autoconfinarse ao ter tido algún contacto co positivo.

Na segunda PCR feita, o resultado foi negativo. Tras ser realizada unha terceira proba PCR volveu a confirmarse o negativo do alumno e de toda a súa familia. Como consecuencia, confirmouse tamén  o desconfinamento de todo o alumnado que permanecía en corentena nos seus fogares por recomendación sanitaria.

Compartimos esta boa nova e insistimos na necesidade de que toda a comunidade educativa extreme as precaucións en todo momento e manteña o respeto ás normas de autoprotección.

Distribuir contido