Novas

O proxecto dos alumnos de Bioloxía do IES San Rosendo sobre o lobo ibérico gaña un premio a nivel nacional!

O proxecto dos alumnos de Bioloxía O da la miúda, para o estudo do lobo ibérico na comarca, gañou un dos seis primeiros premios aos mellores proxectos científicos do XXXI Certamen Jóvenes Investigadores outorgados polo Instituto da Xuventude (Injuve) e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Tres alumnas –María Bouso Posada, Xiana Rego Fernández e Ana Rubal Sánchez– foron as encargadas de presentar o proxecto, que estuda a distribución, a etoloxía e a fenoloxía desta especie nas proximidades do centro educativo, baixo a coordinación do profesor Óscar Chao Penabad

 https://twitter.com/InjuveSpain/status/1141661911475531776

http://xornaldamariña.gal/sociedade/20859-un-estudo-sobre-o-lobo-iberico-do-ies-san-rosendo-de-mondonedo-premiado-a-nivel-estatal/

http://www.cronica3.com/2019/06/1o-premio-no-xxxi-certame-jovenes-investigadores-para-3-alumnas-do-ies-san-rosendo/

Victoria Andrea Veiga Maseda, alumna de 4º de ESO, gañou o concurso de narrativa de O Facho

 

 

 

A alumna de 4º da ESO do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, Victoria Andrea Veiga, vén de gañar o primeiro premio no concurso de narrativa, na categoría A de 13 a 16 anos, convocado pola Agrupación Cultural O Facho da Coruña. No apartado «Contos de nenos para nenos» Victoria Andrea Veiga Maseda acadou o premio co conto titulado O ceo está inzado de estrelas.

 

 

 

 

 

O proxecto dos alumnos de Bioloxía "O da la miuda", sobre o lobo no Xistral, participará no Galiciencia 2019

«O da lá miúda», un proxecto do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo de seguimento do lobo seleccionado para participar na feira científica Galiciencia, que se celebrará no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense, do 8 ao 10 de maio.

«Participan nel uns 15 alumnos de varios cursos, desde terceiro da ESO a segundo de Bacharelato», indica o profesor de Bioloxía Óscar Chao Penabad, que coordina a iniciativa.

Para localizar os animais utilizan distintos métodos: desde rastrexo de feces, rascaduras, pegadas ou pelos en sendeiros e camiños, a restos de depredacións. Todos os achádegos se xeolocalizan nun mapa. Ademais, con autorización da Consellería de Medio Ambiente, o grupo ten instaladas oito cámaras con sensor de movemento en Mondoñedo, Alfoz e Abadín. Por agora xa localizaron varias manadas, aínda que dar co lobo non é sinxelo.

https://i.avoz.es/sc/robKNkKZD5ld65WkwERjy-a54No=/600x/2019/04/23/001215... 600w, https://i.avoz.es/sc/ZdxGsHESJDL14AWnImnIo96Aowo=/900x/2019/04/23/001215... 900w" width="414" height="211">

Terriña que nos criou. Ampliado o prazo ata o 22 de marzo

AMPLIADO O PRAZO DO CONCURSO ATA O 22 DE MARZO

 

BASES DO CONCURSO

Actividades do programa Catuxa sobre a violencia de xénero

Os alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES San Rosendo participaron na actividade CATUXA “Achegándonos á violencia de xénero para desmontala”.

A finalidade desta actividade foi visibilizar a violencia de xénero para poder traballala desde o ámbito preventivo e así reducir o limiar de tolerancia cara ás violencias machistas a través de análises sobre o concepto da violencia de xénero, as causas e consecuencias.

 

A través do visionado de varios vídeos e diversas dinámicas nas que participaron de forma moi activa, a rapazada entendeu que é a violencia de xénero, como forma de exercer o poder e o control baixo o sistema patriarcal dun patrón cultural e social baseado na desigualdade. Tamén comprendeu onde está a súa orixe e como identificar os factores de aparición e perpetuadores de violencia, así como as súas consecuencias.

 

Conscientes de que a adolescencia é a etapa da vida na que os mozos e mozas aprenden as pautas de interacción que logo consolidan na vida adulta, resulta fundamental este tipo de actividades para identificar e frear os primeiros indicios de comportamentos abusivos nas relacións interpersoais, evitando que poidan derivar en condutas violentas de maior gravidade en posteriores relacións afectivas.

 

Está dispoñible o teléfono de atención da Unidade de Xénero para Adolescencia do Programa CATUXA: 604067520

http://amariñaxa.com/2019/04/13/as-actividades-do-programa-catuxa-chegaron-a-mondonedo/

Os alumnos do IES San Rosendo no II Torneo de Robótica da Escola Universitaria Politécnica da Universidade da Coruña.

Este xoves 28 de marzo máis de 170 estudantes de ESO, Bacharelato e FP participaron no II Torneo de Robótica que organiza Escola Universitaria Politécnica (EUP) da Universidade da Coruña. Nesta segunda edición, participou alumnado do IES Cabo Ortegal, de Cariño; dos IES Eduardo Blanco Amor e Rego da Trabe, de Culleredo; dos IES Ferrol Vello, Sofía Casanova e Catabois, de Ferrol;  do IES San Rosendo, de Mondoñedo; do IES Ortigueira, de Ortigueira; do CPI de Atios, de Valdoviño; e mais do CIFP Ferrolterra.

Divididos en 39 equipos, os estudantes tiveron que superar tres retos: un sigue liñas con obstáculos, a proba do “Barrendeiro” e unha competición de sumo. No sigue liñas, o robot tivo que seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se interpoñían no seu camiño. Na proba do “Barrendeiro”, empregaron algoritmos similares aos que utilizan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede para barrer todos os obxectos do taboleiro. Por último, na competición de sumo, os equipos mediron as súas forzas nun cara a cara no que debían expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo. Os equipos do IES San Rosendo quedaron segundos na proba do “Barrendeiro”e primeiros na competición de sumo.

https://www.udc.es/gl/novas/Mais-de-170-estudantes-participaran-este-xoves-28-de-marzo-no-II-Torneo-de-Robotica-que-organiza-a-Escola-Universitaria-Politecnica/

https://codigocero.com/Centros-de-Betanzos-Mondonedo-e-Ferrol-conseguen-os-premios-do-II-Torneo-de

https://www.udc.es/gl/novas/Centros-de-Betanzos-Mondonedo-e-Ferrol-conseguen-os-premios-do-II-Torneo-de-Robotica-da-Escola-Universitaria-Politecnica/

Distribuir contido