Os alumnos do IES San Rosendo no II Torneo de Robótica da Escola Universitaria Politécnica da Universidade da Coruña.

Este xoves 28 de marzo máis de 170 estudantes de ESO, Bacharelato e FP participaron no II Torneo de Robótica que organiza Escola Universitaria Politécnica (EUP) da Universidade da Coruña. Nesta segunda edición, participou alumnado do IES Cabo Ortegal, de Cariño; dos IES Eduardo Blanco Amor e Rego da Trabe, de Culleredo; dos IES Ferrol Vello, Sofía Casanova e Catabois, de Ferrol;  do IES San Rosendo, de Mondoñedo; do IES Ortigueira, de Ortigueira; do CPI de Atios, de Valdoviño; e mais do CIFP Ferrolterra.

Divididos en 39 equipos, os estudantes tiveron que superar tres retos: un sigue liñas con obstáculos, a proba do “Barrendeiro” e unha competición de sumo. No sigue liñas, o robot tivo que seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se interpoñían no seu camiño. Na proba do “Barrendeiro”, empregaron algoritmos similares aos que utilizan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede para barrer todos os obxectos do taboleiro. Por último, na competición de sumo, os equipos mediron as súas forzas nun cara a cara no que debían expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo. Os equipos do IES San Rosendo quedaron segundos na proba do “Barrendeiro”e primeiros na competición de sumo.

https://www.udc.es/gl/novas/Mais-de-170-estudantes-participaran-este-xoves-28-de-marzo-no-II-Torneo-de-Robotica-que-organiza-a-Escola-Universitaria-Politecnica/

https://codigocero.com/Centros-de-Betanzos-Mondonedo-e-Ferrol-conseguen-os-premios-do-II-Torneo-de

https://www.udc.es/gl/novas/Centros-de-Betanzos-Mondonedo-e-Ferrol-conseguen-os-premios-do-II-Torneo-de-Robotica-da-Escola-Universitaria-Politecnica/