Taboleiro
18 alumnos do IES San Rosendo recibiron os seus diplomas pola participación nos Campus de Emprendemento Sostible
Enviado por Admin o Mar, 27/04/2021 - 07:43O IES San Rosendo no FP Innova 2018
Enviado por Admin o Mar, 27/04/2021 - 07:42
A miniempresa Benestar vexetal Biomondo, formada polos alumnos do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Ciclo Medio de Xardinaría do IES San Rosendo, participa na terceira edición do Congreso FP Innova os días 25, 26 e 27 de abril de 2018. Alí, xunto con outras miniempresas de Galicia mostra os seus traballos.
Bolsas e prácticas remuneradas para alumnos de FP
Enviado por Admin o Mar, 27/04/2021 - 07:41Consultar nos seguintes enlaces de los más importantes:
María Gonzalez Carvajal, alumna do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, Premio Nacional de Formación Profesional
Enviado por Admin o Mar, 27/04/2021 - 07:41A alumna do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural María Gonzalez Carvajal obtivo o Premio Nacional de Formación Profesional de Grao Superior polos seus estudos rematados no curso 2014/15 no IES Plurilingüe San Rosendo.
María González Carvajal coa profesora do Ciclo Superior Sara Buide
Novidades na oferta de ciclos formativos para o curso 2017-18 no IES San Rosendo:nova FP dual e novo ciclo medio de Xardinaría
Enviado por Admin o Mar, 27/04/2021 - 07:40
A oferta de ciclos formativos para o curso 2017/18 a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria porá en marcha no IES San Rosendo de Mondoñedo o ciclo de grao medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural na modalidade de FP Dual, en colaboración con 12 empresas e a Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira. Este grao medio é o que anteriormente se impartía no réxime modular de adultos en modalidade presencial.
Ademáis implantarase como novidade o ciclo de grao medio en réxime ordinario de Xardinaría e Floraría.
María Gonzalez Carvajal, alumna do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, recolleu este venres 24 de maio un dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior.
Enviado por Admin o Mar, 27/04/2021 - 07:38
A alumna María Gonzalez Carvajal, do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, recolleu o pasado día 24 de maio un dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior .
A profesora Sara Buide con María González Carvajal na entrega dos premios
Os alumnos de FP Básica participan no Galicia Skills
Enviado por Admin o Mar, 27/04/2021 - 07:37
Os alumnos de FP Básica do IES San Rosendo de Mondoñedo participan, facendo unha demostración da súa especialidade de florería, no Galicia Skills, un certame que se desenvolve entre o 30 de novembro e o 1 e 2 de decembro no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda unha centea de estudantes de Formación Profesional de corenta centros de Galicia medirán as súas habilidades e coñecementos.
Para ver a entrega de premios: https://youtu.be/hqVN1_PdTm0
A raiña Letizia inaugurou o curso escolar de Formación Profesional no IES San Rosendo de Mondoñedo
Enviado por Admin o Mar, 27/04/2021 - 07:36
A raiña Letizia inaugurou de forma oficial o curso de Formación Profesional no IES de San Rosendo de Mondoñedo acompañada polo ministro de Educación, o presidente da Xunta e o conselleiro de Educación.
A raiña contemplou como traballaban os alumnos de FP e despois, tras o protocolario acto inaugural, visitou unha exposición de proxectos innovadores de FP que desenvolven dez centros de Galicia interesándose polos detalles de todos eles.
Video procedente de La Voz de Galicia
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »