Iria Bermúdez Barreira, de 2º de ESO, premiada no concurso Atrévete a ter unha idea

A alumna de 2º de ESO Iria Bermúdez Barreira foi premiada no concurso Atrévete a ter unha idea, un certame enmarcado no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.

Puideron participar no certame alumnas e alumnos de 5º/ 6º de Educación Primaria e 1º / 2º de Educación Secundaria Obrigatoria dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Para facelo, deberon buscar unha idea de negocio e redactala como máximo en dúas páxinas. Iria Bermúdez participou co proxecto Paracaídas para o movil.