Skip to Content

Tuitaku

II Comic-con Tuitaku

O vindeiro luns 10 de febreiro, o Club Tuitaku convida a 5 clubes (IES de Valadares e Alexandre Bóveda de Vigo, IES As Barxas de Moaña, Escolas Proval de Nigrán e o IES Indalecio Pérez Tizón de Tui) a pasar a xornada lectiva no noso centro na nosa II Comic-con ofrecéndolle un abano dunhas quince actividades distintas nas que van participar.

 

Ademais disto nesta Comic-con dous centros convidados desenvolverán as súas propias actividades: Unha simbiose total.

 

O grupo Tuitaku, formado por uns 45 alumnos e alumnas, están a traballar sen descanso para ofrecer este evento ás casi 100 persoas convidadas. Unha gran aprendizaxe e traballo colaborativo que non deixa de ser un gran paso no desenvolvemento de moitas das competencias clave.

 


 

BREAKOUT TUITAKU.

VÍDEO RESUMO DA XORNADA NA QUE PARTICIPAMOS NO BREAKOUT EDUCATIVO CON CONTIDOS OTAKU

CONVIVENCIA OTAKU en Vigo

O pasado luns 29 o noso Club de Manga e Anime "Tuitaku" acudiu á chamada dunha convivencia con outros Clubes otakus da provincia de Pontevedra que tiña lugar no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Premede para ver as imaxes.

Distribuir contido


by Dr. Radut