Lectura e Lingua comezan por L
Dúas novelas moi acaídas para conmemorar lendo o Día Internacional da Lingua Materna.
O profesor de vegliota de Manuel Veiga ("unha proposta que nos achega a conceptos como identidade, resistencia ou asimilación coa lingua como obxecto de reflexión", en palabras de Ramón Nicolás)
Crónica Córnica de Francisco Coimbra ( “Falarmos é condición sine qua non para sermos” a partir desta premisa técese unha orixinal narración a favor dos dereitos lingüísticos identitarios dos pobos)