Skip to Content

Pedra do Acordo

Os CLUBS DE LECTURA danche unha nova oportunidade!!

Se che gusta ler, se es unha persoa que lle gusta compartir e queres pasar uns momentos en compañía de xente coma ti, non deixes de vir a esta cita porque é un pase exclusivo para ti:

CLUBS DE LECTURA "PEDRA DO ACORDO"

Vas deixar pasar esta oportunidade? Sabemos que non ;)

Club de lectura PEDRA DO ACORDO... 3,2,1... empenzando!!!!

RAPAZAS E RAPACES DE E DE ESO,

ATENCIÓN QUE XA ESTÁ AQUÍ:

 


 

No Nadal facendo canteira

Se onte tendemos lazos coa terceira idade, hoxe fixémolo cos nosos veciños da Escola Infantil (a primeira idade); cómpre sementar porque eles serán, a medio prazo, o noso alumnado e seguro que algúns tamén membros futuros do club de lectura.

Nestas datas levámoslle un pouco de música e contos. Do limiar encargouse un coro de alumnos de música que puxo voz a "Let it Swow". Logo os de 1º ESO narraron o conto "O boneco de neve feliz" e dramatizaron "O abeto e o apalpador" (con acompañamento musical de 1º BAC). Chegou despois o momento das panxoliñas que ofreceron alumnos de música de 2º ESO e foi a coda a interpretación "a capella" (4 voces) de "Hit the Road Jack". Non faltou un agasallo improvisado: o "Happy Birthday" coreado por todos para un neno que estaba de aniversario.

Rematamos deixando que os máis pequenos tocasen algúns instrumentos pois hai que facer canteira e, de feito, algúns danlle con xeito ao teclado ou a dirección de orquestra...

Grazas unha vez máis aos nosos embaixadores (músicos e lectores), aos seus profesores e aos encantadores veciños da Escola Infantil por ternos acollido, como sempre, con agarimo. Bo Nadal a tod@s!

M de Música, P de Poesía e N de Nadal

Un ano máis, a música e a poesía serviron de comunicación entre os anciáns acollidos na residencia "San Telmo" e nós. Da primeira ocupáronse os nosos compañeiros que estudan música: comezaron interpretando o himno do antigo reino de Galicia e seguiron con distintas panxoliñas, pezas populares e unha última intervención (dignísimo peche) protagonizada "a capella" polas nosas mellores voces. E polo medio da música un grupiño de recitadores (a maioría recitadoras e representantes dos distintos grupos do noso club) encarnaron as poesías de temática moi acaída para estas datas de autores como a arxentina Delia Arjona, o brasileiro Cyro de Mattos, a cubana Lilliam Moro, os galegos Celso Emilio Ferreiro, Sebastián Mtnez. Rico e Helena Villar Janeiro, o palentino Fernández Nieto e o portugués Albano Martíns.


Moitas grazas a tod@s por ter compartido a vosa xuventude, a vosa ledicia e o voso bo facer musical e lector coas avoas e avós; moitas grazas por facer posíbel un ano máis este xesto de solidaria comunicación interxeracional.

Nestas datas: Boas festas e felices lecturas!

tarxeta nadal

Poesía para o Nadal

Un club de Nadal

E, coas nosas voces e mans, o Nadal faise música e poesía.

cartel

Suxestións lectoras para unha viaxe literaria

Lecturas para o 24-O: Día das Bibliotecas

borgesO día das Bibliotecas é un bo momento para reler, porcortazar exemplo, dous textos moi acaídos e paradigmáticos sobre o mundo das bibliotecas.

Estamos a falar de "La biblioteca de Babel" (incluído no libro Ficciones) do arxentino Borges e de "Fin del mundo del fin" (incluído en Historias de cronopios y de famas) de Julio Cortázar.

(Accede a eles premendo nos títulos)

Ler: un dereito humano e constitucional

Primeira semana de novo curso, veteran@s lector@s que reanudan a súa andaina no club de lectura e nov@s lector@s aos que animamos a formar parte da nosa particular República Dependente das nosas lecturas. Benvid@s tod@s! Que a lectura nos acompañe!

referendo vota
Distribuir contido


by Dr. Radut