Esas nubes que pasan de
|
|
Las nubes pasan sobre la ciudad, altivas -a veces- como orgullosos caballeros enamorados; grises y taciturnas -en ocasiones- como abrumados mendigos caminantes, como deudores que odiasen la luz de la mañana. |
XA SABEDES Xa sabedes, hei seguir cantando o que me peta, botando fóra o que me morde o peito. Xa sabedes, chamareille as cousas polo nome: ao pan pan e ao viño viño Caín a quen nos mata nos camiños ladrón a quen nos rouba o pan e hastra o alento fillo sen nai a quen non sufre o dor dos que sofriron medos e cadeas, papanatas, lambóns e burricallos os lamecús sen tasa pra ir tirando, malandríns, teixugos, lobos, hienas, cobra retorta, morcego chupasangues, verme sen ollos e alacrán maldito a quen aldraxa e asoballa os pobos. Son home e non calo. Hei seguir cantando o que me peta pois se non canto e berro hastra arrebento. E non quero. Xa sabedes. Lueiro Rey, Manuel (1916-1990), Derradeira escolma ferida. |
|
![]() |
Malia que tiñamos preparado ao alumnado para participar na celebración do Día Internacional do Libro co resto dos centros educativos da localidade no tradicional TUI LE o tempo ameazou chuvia.
Pero non podiamos deixar pasar este día sen contar algún conto polo que dous grupos de 1ºESO foron facer unha contada aos cativos da Galiña Azul.
Foi unha bonita experiencia para os nosos rapaces e rapazas ter un público tan entregado e, como non podía ser doutro xeito, elas e eles tamén estiveron á altura e o fixeron marabillosamente ben.
Parabéns e FELIZ DÍA DO LIBRO.
Lecturas tudenses no centenario do nacemento do escritor de Iria Flavia.
Ademais de para ler, os libros poden ser magnífica materia prima de inspiradas esculturas:
Amor e Guerra
Coñeces algunha historia de amor en tempos de guerra?
e algunha guerra causada por historias de amor?
Como inflúen as guerras no amor e no desamor?
Escribe un texto que de resposta a algunha destas preguntas aténdote as seguintes bases:
1. PARTICIPANTES: O concurso está aberto a todos os alumnos e alumnas do centro, de forma individual.
2. Os/As participantes deberán presentar os seus traballos (narracións, poemas, teatro, cartas...) escritos a ordenador ou con letra lexible, en calquera das linguas estudadas no centro.
3. Os traballos presentaranse baixo pseudónimo. Nun sobre adxunto pechado, co propio pseudónimo no exterior, incluiranse os datos do participante: apelidos, nome, curso e grupo.
4. A súa extensión non poderá exceder cinco DIN A4 (folios) polas dúas caras.
5. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN: do luns, 15 de febreiro ao luns 2 de maio de 2016, ámbolos dous inclusive. Os traballos presentaranse na Biblioteca do IES durante os recreos dentro do prazo citado e serán recollidos polo profesorado de garda na Biblioteca.
6. XURADO: O xurado cualificador estará integrado por membros representantes do equipo directivo, dos Departamentos de Linguas e do equipo de Biblioteca.
7. PREMIOS: haberá suculentos premios para os mellores traballos.
8.Os traballos premiados quedarán depositados no Instituto e publicaranse en formato impreso e dixital.
9. A participación no Concurso supón a aceptación das presentes bases.
Anímate e participa!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer