Skip to Content

Charla: Aspectos legais da sexualidade

O pasado 23 de xaneiro o alumnado de 4ºESO tivo a oportunidade de coñecer os aspectos legais da sexualidade da man do profesor Xosé Ramos da falultade de dereito. Esta charla está dentro do programa de divulgación da UDC e foi organizada polo departamento de Orientación. A charla foi tan interesante que tivemos que ampliar o tempo da mesma para seguir aprendendo.

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

Hoxe festexamos o día da Paz.

O alumnado da ESO creou numerosas pombas e corazón con mensaxes moi significativos.

Os recreos estiveron amenizados coa música característica do día.

 

  

FESTIVAL DE NADAL

O 21 de decembro asistimos ao tradicional Festival de Nadal. Como cada ano, o alumnado esforzouse moito en representar as súas interpretacións para crear así un ambiente festivo e chegar ás vacacións con moito ánimo navideño.

Ademáis das participacións de cada clase, tivemos tamén a participación do teatro Tixuca, dos coros do instituto, de diferentes bandas e artistas tanto musicais como vocais do noso centro e como non, de técnicos de son e de iluminación. Ademáis contamos coa visita de antigo profesorado, do cal sempre agradecemos a súa compañía.

Grazas a todos os participantes, nos seguintes enlaces tedes as imaxes para recordar algúns dos momentos:

F1Tixuca   F2   F3   F4   F5   F6   F7

 

 

CHARLA PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

 O mércores 10 de xaneiro contaremos coa presenza de José Torres Meira, experto na investigación sobre ciberdelincuencia como poñente dunha charla que axudará a toda a comunidade educativa na prevención deste tema tan actual.

Esperamos que todos os pais/nais/titores do noso alumnado podan asistir e resolver todas as súas dúbidas.

A charla terá lugar ás 17:00 horas no Salón de Actos.

GAÑADORES DOS CONCURSOS REMATADOS NO 2023

  No concurso "Escritura creativa arredor do Samaín" particiapron 14 alumnas /os de diferentes cursos. Foi a rapazada do centro quen elixíu aos gañadores:

1º premio Alejandro Mira Nieto (2º ESO)
2º pemio Jorge Pazos Casal (2º ESO)
3º premio Yolanda Davila Rama (4ºESO)

Noraboa a todos eles, moi bo traballo!

 Por outra banda, a gañadora do concurso da nosa mascota da biblioteca foi:

Adriana Lodeiro (4ºESO).

O premio que conseguíu Adriana foi unha saída para realizar un Scape Room con toda a súa clase.

Noraboa a tí tamén, Adriana!

  

 Moitas grazas a todos os participantes que fan posible a continuidade dos nosos concursos.

LIL-KIDS GAÑADORES DE GOT TALENT 2023

  O grupo Lid-Kids converteuse no gañador de Got Talent España 2023, queremos felicitar a todos os integrantes, especialmente a nosa alumna de bacharelato Carla Felpeto.

Noraboa rapaces! Un gran esforzo co merecido recoñecemento!

SEMANA DAS CIENCIAS

 Do 13 ao 17 de novembro festexamos a Semana da Ciencia. Como cada ano, o alumnado participou coas súas maquetas de células. Este ano, na súa terceira edición, este concurso estivo tan complicado para o xurado, que convocouse en varias ocasións a dito xurado dada a calidade e orixinalidade de cada unha das células presentadas. E, a pesar de que todos os participantes recibiron agasallo, as gañadoras foron: Clara(1ºBAC), Estela (4ºESO) e Nerea(4º ESO).

 Por aquí temos máis imaxes da Semana:

Semana1       Semana2       Semana3

Entrega de premios

E, en canto a concursos, tamén tivemos o concurso do logo do Club de Ciencias. Nesta ocasión, a alumna que brillou foi Ana Belén (1ºBAC). A súa creación innovadora fixo que a súa proposta fose a elixida para formar parte do Club de Ciencias.

Pero, non todo foron concursos, ao longo de toda a semana, o alumnado tivo a oportunidade de realizar xogos, retos e experimentos.

Os departamentos de Física e Química, Tecnoloxía e Matemáticas presentaron grazas a colaboración do alumnado a súa parte máis lúdica.

Grazas a todo o alumnado participante que ano tras ano consegue lembrar que a Ciencia é divertida e merece a pena invertir o seu tempo de lecer neste tipo de actividades.

A nosa biblioteca

  A nosa biblioteca comeza unha nova etapa e, toda boa etapa necesita unha boa mascota.

Lembramos o concurso que temos: O PRAZO REMATA O XOVES!!

 

SAMAÍN 2023

O 30 de outubro festexamos o Samaín no noso centro.

Como xa ven sendo habitual, tivemos unha xincana para o alumnado da ESO e de Bacharelato. 

O esforzo de todos os participantes causou que os gañadores non fosen claros ata o último minuto. 

Nesta ocasión, o alumnado de 1ºBACB conseguíu o primeiro posto, seguido de 1ºBACA e 2ºBAC. 

Este alumnado gozou do premio polo seu esforzo, unha cea e unha noite terrorífica no instituto. Noraboa rapaces!

  Ademáis, nesta convocatoria, o alumnado de 4ºESO fíxose co primeiro posto na proba dos disfraces, "Monster High" foi escenificada con moito detalle. Noraboa a vós tamén, gran traballo!

  E, mención especial merece Ricardo, creador da decoración de portas máis terrorífica que se lembra neste instituto.

  Nos seguintes enlaces temos as imaxes da xornada e da noite terrorífica.

Participantes  Ximnasio  Probas1

Probas2   Gañadores Noite

 Ademáis destas actividades, o alumnado de ciclos tamén festexou o Samaín con obradoiros de maquillaxe terrorífico. O resultado destes maquillaxes foi tan realista que non podemos publicar as imaxes por non ser aptas para o público infantil. Un traballo de profesionais, noraboa!

Distribuir contenido


by Dr. Radut