Skip to Content

Novos graos na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.

O equipo de orientación organizou xunto coa Universidade de Vigo unha charla informativa sobre as novidades na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.

Os novos graos presentados o 28 de marzo foron:

  • Grao en Enxeñaría da Enerxía
  • Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos

Charla: Pandemias ao longo da historia

   O venres 25, o alumnado de 1º de bacharelato de ciencias tivo a oportunidade de coñecer e escoitar a Juan Gestal, catedrático de mediciña da USC que, dentro do Porgrama "A Ponte", impartiu unha moi interesante charla sobre un tema tan actual como as pandemias.

STOP ACCIDENTES

A asociación STOP ACCIDENTES acompañounos o 25 de marzo.

Dentro do seu programa de Aulas Activas de Seguridade Vial ensinou e recordou ó alumnado de FPB , 1º e 3º da ESO a importancia decoñecer e seguir as normas de seguridade.

CHARLAS SOBRE O ACOSO ESCOLAR

Dentro do Pan Director, o 22 e o 24 de marzo, no noso centro tivemos a visita de dous axentes de policía que axudaron a mellorar a convivencia en 1º da ESO e en FPB, informando sobre o acoso escolar.

 

CHARLAS SOBRE SEXUALIDADE

  O equipo de matronas residentes e os seus titores do Arquitecto Marcide acompañounos nas tardes do 22 e 29 de marzo nunhas charlas sobre sexualidade. O alumnado de 4º da ESO, FPB e 1º de bacharelato foron informados e puideron resolver tódalas súas dúbidas dunha forma amena e eficaz. Moitas grazas a Iris, Laura, Lucía, Natalia e Alberto pola súa implicación.  

XA TEMOS RADIO!

 

Boa parte do profesorado comezou a súa formación de radio cun dos mellores comunicadores da comarca, Isidoro Valerio.

O noso alumnado pronto iniciará a súa andadura polas ondas. 

Estade atent@s! Temos moitas propostas para tod@s!

QUÉ SUCEDEU O 10 DE MARZO DE 1972 EN FERROL?

 O sábado 12 de marzo no Centro Cultural Torrente Ballester tivo lugar a entrega de premios desta actividade organizada pola Fundación 10 de Marzo na que o noso alumnado non defradou e abraiou ó xurado cos excelentes traballos realizados, levando varios premios:
 

PREMIO á CALIDADE ARTÍSTICA a

Candela Rañal Parajó

 do grupo de Artes Escénicas de Bac do IES Carvalho Calero, de Ferrol, coordinado por Pim Patiño, pola obra titulada 10/03/1972.

 

 

PREMIO á ORIXINALIDADE a

Xiana Camba Martínez, David Díaz Dopico e Paula Feáns Acedo

de Bac do IES Carvalho Calero, de Ferrol, coordinado pola profesora Malay Sobrín

polo traballo titulado Que sucedeu o 10 de marzo de 1972?

 
 

 PREMIO á CALIDADE ARTÍSTICA a

    Amada Molina Toimil

do grupo de Artes Escénicas de bac do IES Carvalho Calero, de Ferrol, coordinado pola profesora Pim Patiño, pola obra titulada O balazo do fénix.

ABRIMOS O PRAZO DE ADMISIÓN para o curso 2022/2023

Do 1 ó 21 de marzo temos aberto o prazo de admisión para o alumnado doutros centros.

A solicitude pode facerse por medio telemático ou, presencialmente.

Neste enlace pódese acceder á aplicación con toda a información para facelo de forma telemática.

No enlace está o formulario a cubrir que podedes entregar en secretaría.

Ou, se preferides, acudide á secretaría onde tamén teñen o formulario e podedes cubrilo manualmente.

Non te quedes sen praza!

Lembra que temos unha xornada de portas abertas onde podes ver o noso centro e preguntar as dúbidas que teñas.

Podes consultar o procedemento e os criterios de admisión no DOG.

VISITA DO ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS Á FEIRA DE PRODUCTOS ECOLÓXICOS E ECOTURISMO

O alumnado dos nosos ciclos formativos acudíu o 4 de marzo á Feira de Productos Ecolóxicos e Ecoturismo en ExpoCoruña.

Probaron moitos productos novos e aprenderon novos usos de productos xa coñecidos.

Moi boa experiencia.

Esperamos que esta feira bianual pronto poda realizarse de forma anual, xa que é moi interesante.

INAUGURACIÓN "LIDERESAS Á GALEGA"

 
   Dende o 11 de marzo ao 11 de abril poderedes visitar na AFundación Ferrol a exposición de "Lideresas á Galega". Trátase dunha actividade de igualdade que realizou o alumnado dos ciclos medios de estética e peiteado durante o curso 19/20 en colaboración coa fotógrafa Ana Amado, Espazo +60 Afundación Ferrol, a residencia de Caranza e os centros IES Saturnino Montojo e CIFP Rodolfo Ucha.
Distribuir contenido


by Dr. Radut