Skip to Content

DATA DE SOLICITUDE DE BOLSAS/AXUDAS

IMPORTANTE: Ampliación do prazo para solicitar bolsas/axudas ata o 16 de maio.

 

Para o vindeiro curso 2022-2023 se adianta a solicitude de bolsas/axudas.

 

Aquí  temos o enlace con toda a información.

 

XV FEIRA MATEMÁTICA

 O sábado 30 de abril un grupo de alumnas de 2º e 3º da ESO acudiron á Feira Matemática en Palexco (A Coruña).

 Os nosos stands estiveron cheos de participantes e moi ben atendidos por estas rapazas.

Aproveitaron ó día facendo matemáticas de forma distinta á habitual.

Axudaron ós máis pequenos a aprender matemáticas xogando e lembraron ós non tan pequenos as posibilidades de diversión do pensamento matemático.

Ademáis participaron nas actividades doutros centros, conseguindo "agapemos" e canxeándolos por agasallos.

Un traballo excelente e un comportamento exemplar. Noraboa!

Máis imaxes da xornada: Fotos1 Fotos2 Fotos3 Fotos4

HOMENAXE A FRIDA KALHO NO MÓDULO DE PEITEADOS E RECOLLIDOS

Tomando como referencia a homenaxe na revista de Salerm Cosmétic, o alumnado de 1º do Ciclo medio de Peiteado interpreta e realiza os estilismos, colocando extensións e prótesis capilares, ademáis de crear os complementos florais.

OÍDO COCIÑA


O alumnado da ESO audíu o xoves 31 de marzo e os días 1,7 e 8 de abril á escola de cociña "Oído Cociña".

O proxecto "Aliméntate Ben" do noso centro permitíulles coñecer unha forma saudable de cociñar.

Aprenderon a facer unha boa ensalada que ningún probara antes, unha pasta natural deliciosa e un biscoito de cabaza cun sabor irrecoñecible.

Moitas grazas a Eva por mostrarnos as posibilidades dunha cociña sana.

Aquí temos máis fotos das xornadas:

 Fotos1    Fotos 2

Fotos3  Fotos4

Fotos5  Fotos6

A MOCIDADE COA LINGUA

O xoves 7 de abril, o alumnado de 3º da ESO, 1º de BAC e 2º de BAC gozou dunha fantástica mañá chea de actuacións de moita calidade. Entre elas, a actuación de "As fillas do crego", o grupo musical do noso instituto que tivo uns presentadores incribles : Paula e Andrés.

Moitas grazas a toda a mocidade que participou, estaremos esperando á próxima edición.

Actividade para o benestar emocional do alumnado de 2º de bacharelato

Todos sabemos o complicada que é esta etapa para o noso alumnado de 2º de bacharelato:a preocupación, o estrés, as decisións que teñen que tomar... todo suma. 

Pero, queremos que a superen da mellor maneira posible, por iso, o martes 5 de abril, tiveron una sesión de Relaxación a cargo de Anna de Ashtanga Yoga Ferrol.

GOZANDO DO PREMIO

 

O martes 29, o alumnado de 3º da ESO desprazouse ata A Coruña para realizar a Scape Room gañada o pasado Entroido. Afortunadamente, algúns conseguiron salvar a Anna dos seus secuestradores.... Noraboa!

Aproveitaron a boa temperatura para facer unha ruta pola cidade de Coruña e chegar ó Monte de San Pedro onde comeron ao aire libre. 

Despois continuaron a súa ruta ata o Castelo de San Antón onde pediron varios desexos no "Pozo dos Desexos". Sería un dos desexos volver a facer a ruta?

       Temos máis fotos da experiencia: Fotos1   Fotos2   Fotos3   Fotos4

Novos graos na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.

O equipo de orientación organizou xunto coa Universidade de Vigo unha charla informativa sobre as novidades na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.

Os novos graos presentados o 28 de marzo foron:

  • Grao en Enxeñaría da Enerxía
  • Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos

Charla: Pandemias ao longo da historia

   O venres 25, o alumnado de 1º de bacharelato de ciencias tivo a oportunidade de coñecer e escoitar a Juan Gestal, catedrático de mediciña da USC que, dentro do Porgrama "A Ponte", impartiu unha moi interesante charla sobre un tema tan actual como as pandemias.
Distribuir contenido


by Dr. Radut