Skip to Content

Exposición Steven Meisel-Casa de las Ciencias-Domus-Aquarium

   O martes 7 de febreiro o alumnado de 1º da ESO e de 1º de Bacharelato acudíu a unha saída para visitar varios lugares de interés na cidade herculina.

   Por unha parte, o alumnado de bacherelato de artes tivo a oportunidade de coñecer a obra de Steven Meisel, mentres os seus compañeiros de ciencias e da ESO visitaban a Casa das Ciencias.

   Ademais todos os estudantes gozaron dunha proxección e visita na Domus, aproveitaron para camiñar e comer ó aire libre e, como non, visitaron o Aquarium.

Comida  Domus  Paseo  Casa de las Ciencias

          Aquarium1   Aquarium2 

Formación de aparatoloxía e tratamentos. Lugo

 

   O alumnado do ciclo superior de estética acudíu o pasado xaneiro a unha formación de aparatoloxía e tratamentos en Lugo.

   Podedes ver aquí algunha imaxe máis da súa formación.

  Como sempre, buscando as mellores fomacións para os nosos ciclos formativos .... por algo somos centro de referencia en Imaxe Persoal.

Visita ó Campus de Santiago

   O alumnado de bacherelato acudíu a visitar os campus de Santiago o pasado 31 de xaneiro.

  Alí puideron coñecer as facultades, escoitar os consellos e indicaciós dos decanos e como non, gozar de tomar algo nunha cafetería universitaria.

   O departamento de orientación intentou deste xeito acercar ó alumnado á vida universitaria e axudar na decisión do seu futuro máis próximo.

Cine en francés: "Zoe y Tempestad"

O 27 de xaneiro, o alumnado matriculado en francés da ESO tivo a oportunidade de acudir ó cine para ver en versión orixinal Zoe y Tempestad. 

 Unha mañá que tamén aproveitaron para  camiñar e conseguir puntos de cara ó agasallo final de  Aliméntate ben e móvete.

Andaina   Cine

 

Ruta literaria de Emilia Pardo Bazán, converxencias arte e ciencia con Escher e Aquarium. A Coruña.

A mañá do 24 de xaneiro comezou para o alumnado de 4º da ESO cunha ruta literaria para coñecer mellor a lectura de La Piedra Angular que fixeran na aula pola cidade da Coruña.

O día continuou cunha actividade organizada por Igaciencia na que coñeceron a obra do xenio Escher e traballaron en obradoiros de mosaicos e xeometria.

 Tiveron a sorte de qu eo tempo acompañou e puideron comer na praia do Orzán.

A tarde rematou cunha visita ó Aquarium onde tamén asistiron á hora de comer das focas.

Nos seguintes enlaces temos máis imaxes do día: Ruta1   Ruta2  Ruta3   Igaciencia   Aquarium

Visita do alumnado dos centros adscritos

Do 20 ó 24 de xaneiro tievemos as visitas do alumnado dos centros adscritos (La Salle, Lestonnac e Manuel Masdías).

Lembrade que, se tedes algunha dúbida, a nosa orientadora estará dispoñible para axudarvos.

Próximamente teremos as xornadas de portas abertas para que todas as familias (de centros adscritos ou non) podan coñecer o  noso centro.

Estade atentos á convocatoria.

Visita ó Parque Eólico de Sotavento

   O 19 de xaneiro e despóis de asegurarnos de que as condicións metereolóxicas non serían un problema para o desprazamento, o alumnado de 3º e 4º da ESO acudíu ó Parque Eólico Experimental Sotavento para ampliar os seus coñecementos sobre a enerxía.

A sorte fixo que puidesen tamén aproveitar un pouco de neve.

Aquí temos algunha imaxe máis da mañá.

Teatro THE MOVIE

   O alumnado de 4º da ESO asistíu o venres 13 de xaneiro á representación de teatro de The Movie, mellorando así a súa competencia lingüística dunha forma divertida e disfrutando ó mesmo tempo dunha boa representación teatral.

Charla informativa Enxeñería da enerxía e Enxeñaría dos recursos mineiros e enerxéticos

   O 11 de xaneiro o alumnado de 4º da ESO e de 1º de BAC de ciencias tivo a oportunidade de asistir a unha charla informativa sobre Enxeñaría da enerxía e Enxeñaría dos recursos mineiros enerxéticos a cargo da universidade de Vigo. Esperamos que lles axudase para facilitar a súa elección nun futuro próximo.

Nadal 2022

O xoves 22 de decembro rematamos o trimestre festexando o Nadal. 

Durante as semanas previas, tódolos cursos tiveron a oportunidade de crear a súa propia árbore e participar no concurso que finalmente gañou 1º da ESO. Noraboa rapaces!

Aquí podedes ver as árbores do alumnado participante.

 

   Para o  remate da xornada deixamos o tradicional Festival de Nadal no que gozamos de moi diversas actuacións.       Comezamos cunha interpretación do grupo de teatro Tixuca e continuamos con varios bailes e panxoliñas de diferentes cursos e do coro de bacharelato. Ademáis tamén tivemos interpretacións instrumentais e un gran fin de festa coa colaboración da Banda da Ponte.

Nótase que temos un bacharelato de artes .... aquí hai talento!

 

A continuación están as fotos da xornada:

TeatroTixuca      Tixuca e Coro      4ºESO e 1ºBAC      1ºBAC e 1ºESO   2ºESO

 1º,3º e 4ºESO      4ºESO e Banda da Ponte        Banda da Ponte

Distribuir contenido


by Dr. Radut