Skip to Content

DÚAS ALUMNAS COMO MELLORES EXPEDIENTES DE BACHARELATO DE GALICIA

 Neste curso tanto Mara López como Amada Molina recibiron o recoñecemento dos Mellores Expedientes de Bacharelato de Galicia.

  Ademais, ambas alumnas obtiveron unhas excelentes notas nas ABAU que lles permitiron matricularse na súa primeira elección: Mediciña e Dobre Grado en Dereito e en Relacións Laborais e  Recursos Humanos.

  Foi un orgullo para nós telas estes anos no centro e non dubidamos do éxito que acadarán ao remate da súa etapa educativa.

Parabéns rapazas!

 

DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2022/2023

Días para formalizar a matrícula no centro educativo:

Horario de atención ó público: de 10:00 a 13:00 horas

CURSOS DÍA
1º E 2º DE BACHALERATO 30 DE XUÑO E 1 DE XULLO
3º E 4º DA ESO 4 E 5 DE XULLO
1º E 2º DA ESO 6 DE XULLO

CICLOS FORMATIVOS 

(alumnado de 2º curso)

7 E 8 DE XULLO

Aquí tedes o documento coas datas.

FESTIVAL FIN DE CURSO

O mércores 22 de xuño para despedir ó noso alumnado, celebramos un festival de fin de curso.

O festival estivo presentado polo alumnado de 4º da ESO e tivo varias aportacións de outros cursos: adaptación teatral de Hansel e Gretel, interpretación dunha peza ó piano, varias actuaciós musicais, chistes.... e ademáis entrevistas tanto ó alumnado coma ó profesorado.

Podedes ver máis fotos do evento:

Fotos1     Fotos2    Fotos3

Ademáis aquí temos un vídeo dunha das actuacións de 4º da ESO.... non sei se poderemos vivir sen vós Guiño.

 

O equipo de normalización lingüística aproveitou o evento para entregar uns premios ó alumnado:

Noraboa Leo, David, Sara e Mercedes: bó traballo!

E o grupo de excelencia entregou os premios  ao profesorado votados polo alumnado: noraboa a Neftalí e a Eugenia, profesorado premiado.

GRADUACIÓN 4º DA ESO

O mércores 23 de xuño despedimos ó noso alumnado de 4ºESO.

Aínda que moitos deles todavía seguirán no centro, esta graduación foi un fin de etapa.

Unha promoción singular, con alumnado moi diverso, sen dúbida, dificilmente igualable.

O acto estivo totalmente guiado polos "presentadores calcetíns" e amenizado cun espectáculo  musical que, realmente mereceu a pena escoitar. Grazas por estes momentos!

Moitísima sorte ós que non contuades con nós!! 

E os que continuades... descansade no verán e... imos a por máis!

  Temos algunha imaxe máis:

      Fotos1   Fotos2

XIMCANA FIN DE CURSO

 

Na tarde do martes 21 o alumnado de 4º da ESO aproveitou a súa experiencia para organizar una ximcana para os seus compañeiros da ESO e de FPB.

Xogaron ás cadeiras, ó pano,ás caixas e á mímica.

O mal tempo non permitíu realizar tódolos xogos de exterior organizados, pero, terminaron o curso de forma lúdica.

 

Temos máis imaxes nos enlaces:   Ximcana1     Ximcana2

DESPEDIDA DO GRUPO DE EXCELENCIA

O martes 21 de xuño despedimos ó grupo de Excelencia. Este alumnado traballou durante todo o curso para intentar aprender a realizar unha revista.

Tódolos martes quedaron no centro a comer (con frío ou calor, sempre respetando as medidas de seguridade) e a traballar xuntos.

Aprenderon a debatir entre persoas moi diferentes, a respetarse, a solucionar problemas, a confiar no traballo dos demais, a axudar a mellorar o traballo en equipo, a saber cando é necesaria unha votación e cando non. Aprenderon todo o traballo que hai detrás dunha publicación. E traballaron duro, moi duro, ás veces con presión, con tempos de entrega, con "gabinetes de crisis" e con esixencia e o fixeron realmente ben.

Grazas Alba, Roque, Ricardo, Cris, Adriana, Aldara R.,

Merce, Clara, Álvaro, Lola, Xiana, Aldara D., Yoli e David

porque realmente, sodes excelentes!!

 

A continuación deixamos os números da revista deste curso, por se non chegou as vosas mans:

Paranoia1    Paranoia2

PREMIADOS NO VIII CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO

 Na participación no 8ª Certame Literario Carmela Loureiro, organizado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística e o Concello de Ferrol, tivemos tres premiados:

MICROPOESÍA

Samuel Rodríguez Gago

Lapis sen punta            ACCÉSIT
MICROTEATRO

Paula Tubío Tubío

Ensaio                     ACCÉSIT
Candela Rañal Parajó


Até sempre Rosalía          ACCÉSIT

Noraboa Samuel, Paula e Candela! Premios merecidos, sen dúbida!

ENTREGA DE NOTAS E RECLAMACIÓNS

  • 2º BACHARELATO:

              - Entrega de boletíns: xoves 23 de xuño ás 11h.

              - Reclamacións ás cualificacións da avaliación extraordinaria:

                luns 27 e martes 28 de xuño, ata ás 14:00.

  • RESTO DE CURSOS:

              - Entrega de boletíns: luns 27 de xuño ás 10:00

              - Reclamacións:

                Martes 28 e mércores 29 de xuño ata ás 14:00

SAÍDA FIN DE CURSO: VISITA EN BARCO Ó CASTELO DE SAN FELIPE

O pasado 14 de xuño, o alumnado da ESO realizou unha saída para finalizar o curso.

Nos seguintes enlaces, temos as imaxes da xornada:

Barco   Barco e Castelo  Castelo  

Castelo2  Castelo3   Castelo e andaina

A Cabana   A Cabana e volta 

Realizaron unha viaxe en barco pola ría de Ferrol, cunha excepcional guía (a nosa quereida Malay) que rematou no Castelo de San Felipe.

Despóis, aproveitaron o tempo para relizar unha ruta  camiñando de volta a casa. 

Pararon no parque da Cabana para xantar, xogar e como non, facer unha guerra de auga. Alí,nin o alumnado nin o profesorado libráronse dunha boa e refrescante molladura.

E finalmente, despois de 17,5km camiñando, volveron ó instituto.

Foi un día moi aproveitado para fomentar a convivencia e a boa saúde física do noso alumnado. 

Moi boa andaina rapaces! Noraboa!

EXAMES EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

Os exames extraordinarios de bacharelato serán os días 20,21 e 22 de xuño

Pincha aquí para ver o calendario completo.

Distribuir contenido


by Dr. Radut