Skip to Content

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

 A derradeira saída extraescolar do mes de abril tivo como destino, Santiago de Compostela.

O grupo de 2º da ESO acudíu aos tellados da Catedral, disfrutando dunha visita moi inisual pero que lles permitíu ter unha nova perspectiva ata antes descoñecida.

Por outra banda, o alumnado de 1ºBAC acudíu a visitar a escola de Arte Superior e Diseño, Mestre Mateo e, quedaron moi agradecidos aos anfitrións e a trato recibido. Encantoulles a Escola onde quizáis podan continuar os seus estudos.

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

O alumnado de 2ºESO finalizou a semana do 19 de abril cunha visita ao Museo de Historia Natural onde gozaron dunha fantástica exposición e tiveron a oportunidade de escoitar, por parte dos expertos, dunha moi boa explicación dos contidos do museo.

PRESENTACIÓN DE NOVAS CERAS

 O alumnado de 1ºFPB e 1ºCME tivo a aportunidade de asistir a unha charla informativa sobre as novidades e aplicacións da cera quente o pasado 16 de abril. Ademáis, posteriormente tiveron un obradoiro de masaxe onde puideron practicar os novos coñecementos.

VISITA A ASPACE

 

 O martes 16 de abril, o noso alumnado do Club de Ciencias e de 4ºESO e 1ºBAC de Bioloxía tivo unha experiencia que non olvidarán visitando o centro de ASPACE. Este alumnado colabora no proxecto de Talentos Inclusivos onde intentan axudar coas súas ideas e creacións a facilitar a vida dos usuarios de ASPACE.

Moitísimas grazas a todas as persoas de ASPACE que recibiron ao alumnado e que lles axudaron nesta visita, foi moi importante e enriquecedora para eles. 

A MOCIDADE COA LINGUA: A BANDA DA PONTE

O pasado 12 de abril tivo lugar no AudItorio de Ferrol a XXXI edición do Festival A Mociade coa Lingua.

Por suposto, e como cada ano, participamos co noso alumnado. Foi A Banda da Ponte a encargada de representarnos, e de realizar unha actuación impecable. Estes artistas contan xa no seu poder con varios premios e galardóns polas súas interpretacións.

Noraboa rapaces, como sempre, excelentes!

Ademáis, dada a importancia desde Festival a nivel educativo, o alumnado de bacharelato que non participou como artista, o fixo como público gozando dunha mañá musical inigualable.

 

FEIRA DAS MATEMÁTICAS:PALEXCO

O pasado sábado 6 de abril, participamos na Feira das Matemáticas que organiza AGAPEMA en Palexco, A Coruña.

Este ano, o noso alumnado propuxo a todos os participantes a construcción dun xardín matemático, e, tal e como podemos ver nas imaxes, a participación sobrepasou todas as expectativas.

 Case todos os asistentes á Feira pasaron polo posto do IES Ricardo Carvalho Calero (único centro educativo con stand da zona de Ferrolterra), e, moitos deles, repetiron, o que demostra, un ano máis, que o traballo matemático realizado por esta rapazada é excelente.

  Noraboa rapaces por contribuir a dar unha visión lúdica do mundo matemático!

A xornada deu para moitas imaxes, así que aquí tedes máis e...máis.

VIISTA AO MUSEO DO HUMOR-FENE

   O alumnado de 3ºESO e de 1ºBAC A acudíu o 10 de abril a visitar o Museo do Humor, en Fene.

Foi unha visita que sorprendeu gratamente ao noso alumnado e lles descubríu unha realidade que non coñecían.

Ademáis aproveitaron tamén para dar un gran paseo grazas ao tempo tan favorable.

EXURSIÓN VIGO-ILLAS CÍES

 O alumnado de 4º da  ESO continuou de vacacións despois de Semana Santa pois comezaron o trimestre do mellor xeito posible: unha saída de varios días para coñecer as Illas Cíes e a súa cidade. 

Aínda que o primeiro día o tempo non acompañou, comezaron a xornada cunha celebración de cumpreanos. Os días seguintes puideron realizar as actividades que tiñan programadas. Viaxaron ata as Cíes, realizaron unha ruta pola illa cunha guía moi dinámica e xogaron aprendendo sobre os habitantes da illa.

Tamén tiveron tempo para acudir ao MARCO (Museo de arte contemporáneo).

 E finalizaron a saída xogándose a vida nunha actividade arbórea onde finalmente puideron gozar dun churrasco nun lugar moi orixinal: un tipi.

Temos moitas fotos da xornada:

 Imaxes1     Imaxes2    Cíes1 

  Cíes2      Xogos1    Xogos2

MARCO   Marikiná1   Marikiná2 

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

 Este 23 de abril, no día do libro, o equipo da biblioteca organizou un concurso no que todo o alumnado pode participar ata o martes 30 de abril.

Neste concurso, temos vinte textos que se corresponden co inicio de vinte libros.

Os participantes deben de averiguar cal é o título deses libros, completar a ficha cos seus datos e introducilos na urna.

Ollo! Algúns textos xa teñen a resposta no seu interior!

Animádevos a participar, entre os gañadores sortearanse tres fantásticos libros.

 E non olvidedes que nesta semana do libro, temos unha mesa coas recomendacións e novidades da biblioteca.

  «Lee y conducirás, no leas y serás conducido», Santa Teresa de Jesús

Distribuir contenido


by Dr. Radut