Skip to Content

TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA OS PRIMEIROS CURSOS DOS CICLOS

    O alumnado dos primeiros cursos dos ciclos remataron o trimestre cunha formación en primeiros auxilios coa que aprenderon os conceptos básicos e tamén a realizar unha RCP.

   Con esta formación, temos a seguridade de  que o noso alumnado está moi preparado para un imprevisto sanitario e por suposto, eles tamén se sinten moito máis preparados e seguros.

  Aquí podemos ver algunha imaxe máis.

CONCERTO DE GERT JAN BLIEK

  Continuamos o mes de marzo con concertos, pero, esta vez, en inglés.

O alumnado de bacharelato tivo a oportunidade de coñecer o traballo de Gent Jan Bliek que deu un concerto didáctico moi axeitado para eles.

Todos quedaron abraiados e de hoxe en adiante, serán fieis seguidores deste trovador.

RECITADO NO CONSERVATORIO DO NOSO GRUPO DE TEATRO TIXUCA E VISITA AO AUDITORIO: CAMPAÑA 8M

  Con motivo do  8M tivemos varias actividades no centro. A primeira foi a visualización da película "El sueño de la sultana" da que gozaron os grupos de 1º de bacharelato e FPB.

 Ademais, todo o alumnado de bacharelato tivo a oportunidade de acudir ao recitado dos seus compañeiros do grupo de teatro Tixuca no conservatorio os cales demostraron unha vez máis a súa calidade. E para rematar o día, todos gozaron no auditorio da obra de teatro #2pilgrims.

Aquí temos algunha imaxe dos artistas e aquí do público

VISITA A BIOCULTURA

O alumnado de FPB e de primeiro curso do ciclo superior de estética comezou o mes de marzo cunha visita a BioCultura, a feira de productos ecolóxicos e Ecoturismo mais grande do estado celebrada en EXPOCoruña.

Alí, o noso alumnado puido comprobar a importancia do consumo responsable e cómo dar o verdadeiro paso cara a un mundo realmente sostible.

VISITA AO PARQUE NATURAL DUNAS DE CORRUBEDO

 O martes 5 de marzo a boa temperatura e os ceos despexados facilitaron a visita do alumnado de Bioloxía e Cultura Científica de 4ºda ESO e de 1º de BAC ao parque natural das Dunas de Corrubedo.

Fixeron unha pequena ruta, pasearon na búsqueda dun bo lugar para unha comida campestre e, coñeceron algún pobo do lugar.

O guía explicoulles de forma moi amena o pasado e presente do parque natural e a diversidade de especies existentes.

Imaxes1       Imaxes2     Imaxes3

AVISO: ATENCIÓN TELEFÓNICA

Os días 25, 26 e 27 de marzo poderase contactar co centro no teléfono 881938138 en horario de 10:00 a 13:00.

XOGOS COLABORATIVOS CO CIFP RODOLFO UCHA PIÑEIRO

O venres 1 de marzo comezamos a mañá coa colaboración do alumnado de CIFP Rodolfo Ucha PIñeiro que preparou uns divertidos xogos para o noso alumnado de 1º e 2º da ESO.

Boa e divertida maneira de comezar un venres e finalizar unha semana de traballo.

Moitas grazas pola vosa implicación!

Aquí temos algunha imaxe.

XORNADAS DE ORIENTACIÓN

   Finalizamos o mes de febreiro participando como cada ano nas Xornadas de Orientación que tiveron lugar no Auditorio e no Conservatorio. 

   Nesta ocasión levamos unha pequena mostra do traballo que realizamos no centro. O departamento de Imaxe Persoal levou demostración de maquillaxe, perruquería, uñas e masaxe. Por outra banda, o departamento de música, levou unha mostra do alumnado de Artes: coro, grupos, solistas...

Aquí temos un video presentación do que o alumnado pode aprender dentro da rama de Imaxe Persoal.

Tamén temos dous documentos elaborados polo departamento de orientación: Oferta educativa do centro e Oferta para o alumnado de bacharelato.

Ademáis, a continuación podedes ver mais imaxes da xornada, xa que foi moi variada e entretida.

Imaxes1                             Imaxes2                     Imaxes3

VISITA Á EXPOSICIÓN DE HELMUT NEWTON E AO MUSEO DE BELAS ARTES

 O alumnado de cultura audiovisual de 1ºde BAC aproveitou o mes de febreiro para visitar a exposición de Helmut Newton no porto da Coruña, facer algunha compra artística, comer no Monte de San Pedro e rematar a xornada cunha visita ao Museo de Belas Artes. Por suposto, alí tamén fixeron algunha compra artística...

En canto tempo este alumnado sorprenderá cunha exposición propia do seu traballo? 

VISITA A PROPIDEL,LUGO

 O 30 de xaneiro, o alumnado de 2º do ciclo medio de perruquería e o alumnado do ciclo superior de estética acudiron a Propidel (Lugo).

 Con esta visita, conseguiron mellorar a súa formación, aprenderon técnicas novas e disfrutaron in situ da súa futura profesión.

Aquí temos algunha imaxe máis desta formación.

Distribuir contenido


by Dr. Radut