Skip to Content

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024

Podedes consultar a lista dos libros de texto para o curso 2023/2024 no apartado do ALUMNADO (parte esquerda desta páxina)

Graduación de 4ºESO e fin de curso

Para finalizar o curso, o alumnado de 4ºESO realizou unha despedida con moito glamour. Comezaron cuns aperitivos a festexar o derradeiro día de clase.

Imaxes de guapos/as

  A continuación fixeron unha gala onde repasaron estes últimos catro anos e onde os seus titores repartiron agasallos e diplomas.

  Ademáis o equipo de normalización lingüística reaprtiu varios agasallos e premios en recoñecemento polo traballo realizado polo alumnado do centro. 

 

ImaxesGala1  ImaxesGala2  ImaxesGala3   

ImaxesPremios

E para finalizar, tivemos a oportunidade de gozar co tradicional  partido entre profesorado e alumnado. E o equipo gañador foi...o profesorado!! Non vos desanimedes rapaces, despois de bacherelato podedes intentalo de novo...

Partido1   Partido2   Partido3   

DATAS PARA MATRICULARSE PARA O CURSO 2023/24

 

  • 2º DE CICLOS FORMATIVOS E FPB: 26 e 27 de xuño
  • 1º de BACHARELATO: 28 e 29 de xuño
  • 2º de BACHARELATO: 30 de xuño
  •  3º e 4º da ESO: 3 e 4 de xullo
  • 1º e 2º da ESO: 5 de xullo

CLUBE DE LECTURA: OS CORPOS INVISIBLES

   O clube de lectura tivo como última lectura deste curso Os corpos invisibles.

Os membros da comunidade educativa pertencentes a este clube debatiron e pensaron se recomendar ou non esta lectura. Será unha boa lectura? Na biblioteca temos sufientes exemplares para todos aqueles que desexen comprobalo. Amimádevos!

AVISO : ENTREGA DE NOTAS E RECLAMACIÓNS

2º DE BACHARELATO:

  • Entrega de notas: venres 23 de xuño ás 12:30
  • Reclamacións: 26 e 27 de xuño (ata as 12:30)

ESO, 1º DE BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS:

  • Entrega de notas: luns 26 de xuño ás 10:00
  • Reclamacións: 27 e 28 de xuño (ata as 13:00)

Día completo no Aquapark de Cerceda

  A piques de finalizar o curso, o alumnado da ESO participante no programa Aliméntate ben e móvete obtivo a recompesa pola realización das actividades de dito programa.

A actividade final elixida foi unha saída ó Aquapark de Cerceda, alí, gozaron dun día relaxado despois da época de exames.

 Imaxes1        Imaxes2

Excursión fin de curso de 4º da ESO

 O alumnado de 4º da ESO tivo a súa esperada excursión de fin de curso a Madrid. 

 Tiveron a oportunidade de coñecer a cidade, acudiron á Warner e ao parque acuático.

 Xa de volta, coñerceron un pouquiño de Segovia.

           Imaxes1      Imaxes2

 

AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024

 

Xa está aberto a prazo de solucitude de axuda para material escolar para o alumnado da ESO no curso 2023/2024.

O prazo remata o 21 de xuño. Aquí podedes consultar a convocartoria.

Visita a RADIO CORUÑA-CADENA SER

O pasado luns 12 de xuño, o alumnado do noso grupo de Excelencia tivo a oportunidade de seguir formándose na materia de radio en Radio Coruña-Cadena SER.

Pablo, gran comunicador e anfitrión fixo a visita moi agradable e ademáis tiveron a oportunidade de participar nun programa en directo. Moitas grazas a todo o gran equipo que alí traballa, moi boa experiencia.

Aquí temos algunha imaxe da mañá.

Distribuir contenido


by Dr. Radut