Skip to Content

CINE NO JOFRE: A ILLA DAS MENTIRAS

 

   O teatro Jofre sempre é un destino estupendo para todos os  espectáculos. Nesta ocasión , o noso alumnado de 3º e 4º da ESO acudíu o pasado 16 de febreiro para poder disfrutar da película: A illa das mentiras 

  Por suposto, aproveitaron a ocasión para sumar puntos ao programa "Aliméntate ben, móvete e socializa"

ENTROIDO 2024

 E por fin, o venres 9, chegou o Entroido!

Este ano, o tema elixido foi o mar, todos os participantes caracterizáronse co tema que tivese que ver, e a verdade, o fixeron moi ben. Tivemos piratas, sirenas, pescadores, animais mariños, náufragos, contaminación e ata o mesmo mar...

 Iniciamos a celebración cunha colaboración entre os pequenos do colexio Ledicia e a nosa xuventude, xuntos fixemos un pequeno recorrido pola pista cuberta xa que a metereoloxía non permitíu o pasarrúas que tiñamos previsto.

A continuación celebramos o tradicional festival de entroido onde cada curso interpretou as súas letras e amosou a súa capacidade de colaboración e traballo en grupo.

 Nesta ocasión, 4ºESO gañou o diploma "Mellor clase Entroido 2024" cun pequeno agasallo como recompensa.

O profesorado tampouco decepcionou e o noso náufrago foi o gañador ao mellor disfraz.

O festival finalizou dando paso aos artistas que temos no centro que, sempre están dispostos a facernos disfrutar coa súa arte.

Grazas a todos por facer de novo, outro entroido inolvidable!

Imaxes1                        Imaxes2

Imaxes3

VISITA DE CHELO LOUREIRO AO NOSO ALUMNADO DE ARTES

    O 7 de febreiro será lembrado no noso instituto como o gran día no que tivemos a sorte de que Chelo Loureiro nos contase unha parte importante do seu traballo e traxectoria. 

    A productora, guionista e directora cinematográfica ferrolana gañadora de catro Goyas compartíu os seus coñecementos co noso alumnado de bacharelato de Artes Escénicas, contestou as súas preguntas e participou nun programa de radio. 

Podemos pedir algo máis? 

  Mil grazas Chelo, a túa cercanía e dispoñibilidade fixeron posible que o noso alumnado manteña esta visita na súa memoria por moito tempo.

Aquí temos máis imaxes do alumnado disfrutando de Chelo e do seu Goya.

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Esta mañá festexamos o día de Rosalía. Por unha parte tivemos unhas fantásticas rosas realizadas polo alumnado da ESO as cales estaban cargadas de moita literatura, por outra banda tivemos un fantástico rap coas letras de Rosalía interpretado polo alumnado de 2ºESO e coa colaboración dos artistas de 1ºBAC.

 Unha fantástica interpretación da obra da nosa Rosalía. Grazas rapaces e rapazas!

CONCERTO DO ALUMNADO E PROFESORADO DO CONSERVATORIO DE MÚSICA XAN VIAÑO

 O pasado martes 6 de febreiro o alumnado da ESO e de Bacharelato de Artes tivo a sorte de poder asistir no instituto a un concerto do alumnado e profesorado do Conservatorio de Música Xan Viaño. 

Algúns dos alumnos do conservatoiro son tamén alumnos do noso centro e como sempre, demostraron a calidade que teñen.

Un gran concerto! Grazas a todos os artistas que participaron e permitiron que o noso alumnado pasase unha fantástica tarde.

Aquí temos algunha imaxe más.

VISITA AO CIS PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 O 6 de febreiro o alumnado de 3ºESO acudíu ao CIS para comprobar xunto con outros centros a importancia do traballo das mulleres na ciencia. Un traballo divulgativo excelente por parte dos dous poñentes.

Ademáis o noso alumnado acudíu camiñando para confirmar a súa boa forma física e para seguir sumando puntos no programa "Alimántate ben, móvete e socializa"

Imaxes da mañá

EDUCAR EN XUSTIZA: VISITANDO OS XUZGADOS

  O alumnado de 1ºBAC comezou febreiro coa actividade "Educar en Xustiza" grazas a cal o noso alumnado tivo a oportunidade de estar presentes en varios xuizos reais e ademais interpretar un xuizo tomando os papeis de fiscais, xuiz, culpables, vitimas, testigos, avogados... Unha gran experiencia e unha fantástica aprendizaxe. Grazas ao personal dos Xuzgados de Ferrol do Penal 1 e Penal 2 polo seu bo humor e bo facer. Xa estamos esperando poder repetir!

Aquí podedes ver a noticia da nosa visita nos medios de comunicación e nos seguintes enlaces, temos mais imaxes:

Imaxes1     Imaxes2

VISITA AO CAMPUS UNIVERSITARIO DE SANTIAGO

   Como cada ano, o departamento de Orientación organizou xunto coa USC a visita do noso alumnado de 1ºBAC á Universidade de Santiago de Compostela. Durante a mañá do xoves 1 de febreiro, acudiron ás diferentes visitas organizadas tanto ao Campus Norte como ao Campus Sur e por suposto, tiveron a oportunidade da súa primeira consumición na cafetería de Matemáticas.

CHARLAS SOBRE ALIMENTACIÓN IMPARTIDAS POLA PEDIATRA DO CENTRO DE SAÚDE

    A finais de xaneiro, a pediatra do noso centro de saúde, Ana Novo, acudíu como cada ano a axudar ao noso alumnado co tema da nutrición, concretamente coa nutrición na adolescencia. Ana impartíu charlas moi interesantes en 2ºFPB, 1ºESO e 2ºESO.

   É un luxo que a propia pediatra do noso alumnado siga guiándoo nesta nova etapa. Moitas grazas a Ana por estar sempre dispoñible e por axudarnos a facer entender aos nosos adolescentes a importancia dunha adecuada alimentación.

Charla: Grao en Xestión Cultural

  O alumnado de 1º de bacharelato de Artes acuidíu o pasado 25 de xaneiro a escoitar ao profesor da Facultade de Humanidades de Lugo, Gonzalo Fernández. 

  Tiveron a oportunidade de coñecer o Grao en Xestión Cultural dentro do Programa A Ponte da USC.

Distribuir contenido


by Dr. Radut