Skip to Content

CALENDARIO DE PROBAS EXTRAORDINARIAS DE 1ºFPB e 1ºBacharelato

Nos arquivos adxuntos está o calendario dos exames de 1ºde FPB e 1ºBAC que terán lugar os días 19, 20 e 21 de xuño.

Formación de aromaterapia: ciclos de estética

 Os ciclos de estética da familia de Imaxe Persoal acudiron o pasado 28 de maio a unha formación de aromaterapia.

   A formación, tanto teórica como práctica, gustou non só ao alumnado, senón tamén ao profesorado, que non perde oportunidade de continuar na formación activa das novas técnicas.

GRADUACIÓN 2ºBAC

 E por fin, o 24 de maio, o alumnado de 2ºde bacharelato festexou a súa graduación.

Foi unha tarde na que alumnado, familias e profesorado compartimos éxitos, recordos , actuacións e, sobre todo, bo humor.

Moitas grazas por elixirnos como centro para a vosa educación e por darnos tan fantásticos momentos. 

Moita sorte! Grandes!

100% de aprobados nas ABAU!!

E, de novo, outro ano máis, obxetivo acadado:

100% de aprobados nas ABAU!

Noraboa rapaces e rapazas.

O esforzo mereceu a pena.

 A por máis éxitos!!

2ºBAC: ENTREGA DE BOLETÍNS AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA

A entrega dos boletíns da avaliación extraordinaria de 2ºde bacharelato será o venres 14 de xuño ás 12:10.

As reclamacións serán o  luns 17 e  martes 18 de xuño (ata ás 13:00 horas)

1ºBAC e 1ºFPB: ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS E RECLAMACIÓNS

A entrega dos boletíns de notas  de 1ºde bacharelato e de 1ºFPB realizarase o martes 11 de xuño ás 12:10.

Prazo de reclamacións:Mércores 12 de xuño e xoves 13 de xuño (ata ás 13:00 horas)

PROBAS EXTRAORDINARIAS 2ºBAC: 10, 11 e 12 de xuño

No arquivo adxunto atópanse as datas e o horario das probas extraordinarias para 2ºBAC do curso 2023-2024.

AVISO PARA CICLOS: CALENDARIO DAS PROBAS DE PÉRDIDA DE AVALIACIÓN CONTINUA

Nos arquivos adxuntos podedes consultar as datas das probas de pérdida de avaliación continua dos ciclos de imaxe persoal.

Lembrade revisar as programacións para saber o material necesario en cada proba. 

  • Exames teóricos: bolígrafo azul ou negro e calculadora.
  • Exames prácticos: modelo e material de traballo.

TEATRO CON G: O PASEO DAS ESFINXES.GRUPO DE TEATRO TIXUCA.

 De novo, outro ano máis, o noso grupo de teatro Tixuca participa nas xornadas  "Teatro con G". Este ano representaron "O paseo das esfinxes" de Luisa Villalta.

 O traballo realizado polo grupo de teatro foi excelente e deixou abraiados a todo o público que tivo a oportunidade de asistir. Ademáis estiveron acompañados por alumnos da escola Xan Viaño o que contribuíu a unha interpretación de gran categoría.

 Por outra banda, o alumnado de bacharelato tamén acudíu a estas xornadas como público pois non quixeron perderse a representación dos seus compañeiros.

XORNADA DE CONVIVENCIA

O pasado martes 21 de maio e despois de ter que trasladada por mal tempo, gozamos por fin da xornada de convivencia no centro.

   Todos os membros da comunidade educativa tiveron a oportunidade de reunirse, xantar, aprender baile tradicional galego e lembrar os xogos tradicionais.

   Queremos agradecer a todas as familias que nos acompañaron, a anpa que colaborou e facilitou a realización destas xornadas, ao alumnado de bacharelato que se transformaron en mestres dunhas incríbles clases de baile  tradicional galego, ao CEIP de Esteiro por prestarnos parte do seu museo do xogo tradicional e como non, a todo o alumnado que participou. 

Distribuir contenido


by Dr. Radut