Skip to Content

VISITA DE ASPACE

 O pasado 26 de febreiro, tivemos a sorte de que algún dos membros de ASPACE visitase o noso centro.

  Dentro do Programa Talentos Inclusivos, esta visita e charla axudou a que o alumnado fose capaz de visibilizar o día a día das persoas con parálise cerebral e que xuntos podamos traballar para intentar mellorar un pouquiño este día a día.

 Moitísimas grazas por esta fantástica visita!

Aquí temos algunha imaxe máis.

VISITANDO O GRAN BALNEARIO DE GUITIRIZ

 As alumnas de 2ºCSE vistaron en decembro o balneario de Guitiriz coa intención de coñecer mellor o funcionamento dos profesionais. E como non, aproveitaron para relaxarse e prestáronse como modelos para recibir diferentes tratamentos. 

Gozaron moito deste día e regresaron con novas experiencias para facer crecer o seu curriculum.

Deste grupo sairán moi boas profesionais, estamos seguros.

CHARLA: IMPACTO DAS MOCHILAS

O 19 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º da ESO pudo asistíu á charla: 

"Impacto das mochilas sobre os transtornos músculo esquetéticos".

VISITANDO A DOMUS: PROBAS PCR

 No mes de xaneiro, os nosos futuros científicos de bacharelato tiveron a oportunidade de analizar unha PCR. Acudiron á Domus para realizar esta actividade tan emocionante. Aprenderon e avanzaron nas súas vocacións.

Posteriormente, aproveitaron para visitar o museo.

Unha mañá moi ben aproveitada.

Aquí temos algunha imaxe. E aquí temos aos futuros científicos.

LE CHANDELEUR 2024

   O mes de febreiro é un dos máis esperados polo alumnado de francés.

Todo o alumnado da ESO e de bacharelato cociña con moito esmero e rechea as súas crepes dunha maneira moi doce.

  É un día para disfrutar e cociñar, inmersión total na cultura francesa!

Aquí temos imaxes da aula de francés nesta mañá e aquí temos algunha máis.

SESIÓN DE FOTOS DO PROXECTO TALENTOS INCLUSIVOS

 

  Este curso participamos nun novo proxecto: Talentos inclusivos

Neste proxecto traballaremos para realizar certos retos co fin de mellorar as condicións das persoas con parálisis cerebral.

Un dos nosos primeiros contactos foi unha sesión fotográfica na que dúas das nosas alumnas participaron con moita vontade, dispoñibilidade, xenerosidade e bo humor.

Grazas polo voso traballo e implicación!

 

SAÍDA Á RESERVA DA BIOSFERA DAS MARIÑAS CORUÑESAS

 O pasado 20 de febreiro o alumnado de 3ºESO xunto co de Bioloxía de 4º da ESO acudíu á reserva da biofera das mariñas coruñesas e terras de Mandeo, costa de Dexo.

  Era a primeira vez que o alumnado tiña a oportunidade de acudir a este lugar e regresaron moi satisfeitos.

 O tempo acompañoulles nesta xornada e tiveron a oportunidade de ver ademais, o rescate dun barco e dos seus tripulantes. 

Por suposto, esta actividade tamén sumará puntos para o Programa Aliméntate ben, móvete e socializa.

 Temos mais imaxes aquí e aquí.

SEMANA DA MÚSICA: DO 19 AO 23 DE FEBREIRO

  Como xa ven sendo tradicional, a semana do 19 ao 23 festexamos a Semana da Música na que o noso alumnado tivo a oportunidade de demostrar o seu talento ao resto da comunidade educativa que pasou un tempo de lecer moi ameno.

Tivemos dende artistas musicais, pasando por grupos, dúos, solistas, coros....

A cal de estes xenios escoitaremos por primeira vez en Spotify? Por este centro xa temos apostas...

Moitas grazas a todos os artistas que nos adicaron o seu tempo. 

Sodes xeniais rapaces!                                 Imaxes1                  Imaxes2             Imaxes3

CINE NO JOFRE: A ILLA DAS MENTIRAS

 

   O teatro Jofre sempre é un destino estupendo para todos os  espectáculos. Nesta ocasión , o noso alumnado de 3º e 4º da ESO acudíu o pasado 16 de febreiro para poder disfrutar da película: A illa das mentiras 

  Por suposto, aproveitaron a ocasión para sumar puntos ao programa "Aliméntate ben, móvete e socializa"

Distribuir contenido


by Dr. Radut