Iniciar sesión

Secretaría virtual

Radio ROU

O Liceo

Así como voa o aire, tamén voa o pensamento... Deixámosvos o primeiro programa do novo espazo na Radio Rou: O Liceo. Nel podes partillar as túas ideas con todo o instituto. Nesta ocasión acompañounos Antón Justo, ofrecéndonos recomendacións sobre o mecanismo do sono para durmir ben.

Se facedes clic na imaxe poderedes acceder ao programa.

    

Profesorado alemán visita o noso centro

Estes días estiveron no noso centro dous profesores alemanes dentro dun programa Erasmus+. Participaron en varias clases e puidemos intercambiar ideas con eles para nun futuro formar parte de proxectos semellantes.

Aquí temos a entrevista que lle fixeron os rapaces da nosa radio.

A profe de Xeografía e Historia na nosa radio

Os nosos alumnos Caleb, David, Pedro e Nicolás dirixiron nesta ocasión o Pregunta ROU. A convidada foi Lucía Forno, profe de Xeografía e Historia. Dalle á ligazón e escóitanos!

 

 

Unha promesa do deporte

Esta semana tivemos a sorte de entrevistar no Pregunta ROU á nosa alumna Lola, logo de ser escollida como proposta a mellor deportista do ano 2023.

Se facedes clic na imaxe poderedes acceder a entrevista.

MeteoROU

O alumnado do ROU adiántanos o tempo dos próximos días. Déixannos tamén a foto seleccionada desta semana; facede clic nela e accederedes ao programa.

                                                                                                                          Chega o bo tempo!

Luisa Abad na nosa radio

Esta semana, co gallo do Día da Muller, inauguramos novo programa: Hemisferio Violeta. Contamos coa marabillosa presenza de Luisa Abad.

Facede clic na imaxe e poderedes acceder á entrevista.

Pregunta ROU

Esta semana no Pregunta ROU entrevistamos a Rosa, a profesora de Lingua Castelá e Literatura. Fai clic na imaxe, anímate e escóitao!

O tempo no ROU

Aquí temos o tempo para esta semana. Facede clic na imaxe para coñecelo.

O tempo no ROU

Queres saber o tempo que vai facer esta semana? Fai clic na imaxe o os rapaces da nosa radio contarancho.

O tempo na nosa radio

O instituto comezou estes días o novo programa de radio "MeteoROU". O alumnado descubriranos ao longo de todo o curso se o paraugas ou o sombreiro nos acompañarán cada día. Se facedes clic no enlace poderedes escoitalo.

Distribuir contido