Iniciar sesión

Secretaría virtual

Concerto didáctico no CSMV

O martes 3 de marzo alumnos e alumnas de 2º ESO do noso centro asistiron a un concerto didáctico no auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Durante o mesmo tiveron a oportunidade de escoitar pezas musicais de diferentes estilos: bandas sonoras, música tradicional española, jazz, música latinoamericana...

A través das explicacións coñeceron os instrumentos que forman parte da banda, a súa disposición no conxunto, as familias instrumentais que a integran e as súas diferenzas, a posibilidade da interpretación con solistas, a importante función da dirección na banda...

Foi un concerto moi ameno e divertido xa que a música estivo acompañada de bailes e escenificacións teatrais con moito humor e enxeño.

Agradecemos ao Conservatorio Superior de Música de Vigo a experiencia, desexando volver o próximo curso.

Aquí tedes unha mostra do concerto na que podedes ver o ben que o pasamos.