Iniciar sesión

Secretaría virtual

Emotiva visita

Durante o pasado curso, alumnos e alumnas de 2º e 3º ESO do IES ROU investigaron sobre a desigualdade de xénero e a súa evolución durante os últimos anos. Como parte deste proxecto entrevistaron ás súas avoas e a mulleres maiores da Residencia DomusVi. O traballo quedou reflectido nun vídeo editado por 3 alumnos que cursaban 4º de ESO.

Este luns, e como parte das actividades para conmemorar o Día Internacional da muller, estudantes e profesores visitaron ás protagonistas do vídeo na residencia DomusVi e proxectaron o vídeo que recibiu o aplauso xeral. Tamén se elaborou un calendario con fotografías das protagonistas, do que se lles entregou copias que recibiron emocionadas.

Aquí tedes un pequeno vídeo do que foi esta emotiva visita.