Iniciar sesión

Secretaría virtual

Afondando no Prestige

Desde a materia de Galego e Bioloxía e dentro do proxecto de Biblioteca "O libro nos camiños da cultura occidental, s. XXI" traballamos co alumnado de primeiro de bacharelato o desastre ecolóxico do afundimento do Prestige. Vimos na clase o documental "Prestige. Tal como fuimos", realizado por unha produtora galega dous anos despois: https://www.youtube.com/watch?v=NqhzX3V1wpA.

Ofrecéuselles outros catro documentais en rede sobre os sucesos do Prestige: “Maldita marea. Desastre del Prestige”. Documental de National Geographic. 2016; “Prestige, petróleo y conspiración de silencio”. Documental alemán para a canle de Historia; “Prestige, el viaje a ninguna parte”. Documental de Burla Negra Cataluña, 10 anos despois do desastre; “Prestige, desastre en la Costa da Morte”. Documental por Discovery Channel. Tras procurar información na casa, intercambiamos opinións e informacións na aula. Diriximos a investigación cara á recolla de información máis particular, local e persoal ao tratarse dun feito histórico recente. Pensaron por grupos ou parellas que tipo de testemuña e preguntas serían as máis adecuadas. Entregaron máis de 20 vídeos coas entrevistas dos que na canle de youtube de Normalización do noso centro figuran cinco. 

Está pendente a edición dun único vídeo que recolla as mellores achegas das entrevistas do alumnado.