Iniciar sesión

Secretaría virtual

O club de lectura e as meigas

O Club de Lectura despídese deste curso cunha sesión moi especial

O pasado luns, 6 de xuño, o Club de Lectura tivo a súa derradeira sesión deste ano académico. A lectura que comentamos neste remate de curso foi El secreto de las brujas: La herencia. Foi unha cita moi especial porque contamos, nesta ocasión, coas autoras da novela: Nesa CostasAntía Eiras e Andrea López. Cada unha delas conta con moitos libros publicados. Estas tres grandes escritoras galegas contáronnos como foi o proceso de escribir unha novela a tres voces e a seis mans. Pasamos realmente unha velada moi amena e agradable, mágoa que ás 16.20 horas, o son do timbre, devolveunos á crúa realidade e tivemos que dicirlles un ata logo a Nesa, Antía e Andrea e, por suposto, tamén ao Roulemos do 2021-2022.