Iniciar sesión

Secretaría virtual

O Club de Lectura en Santiago

Desde o Club de Lectura organizamos unha viaxe a Santiago de Compostela para confirmar a nosa intuición: hai cousas que non veñen nos libros como, por exemplo, o recendo doutros mundos, nunca sospeitados, que atopamos nos libros antigos.De camiño a Santiago, como peregrinos lectores, visitamos a Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia. Esta visita permitiunos coñecer un pouco máis ao noso premio Nobel de Literatura, a súa persoa, totalmente descuberta, sen a máscara dos personaxes da traxicomedia grega.Despois de saber un pouco máis do autor de A familia de Pascual Duarte e antes de chegar a Compostela, fixemos un alto no camiño na Cidad e da Cultura para coñecer a Biblioteca de Galicia. Foi unha visita moi enriquecedora, pois o noso faro particular, Fernando, levounos por mapas sen rúas, por historias ilustradas e guerras fotografadas. Na Biblioteca de Galicia aproveitamos para ver a exposición de Reimundo Patiño, a quen se lle dedicou este ano o Día da Ilustración.

Rematamos esta viaxe, xa na cidade universitaria, coa visita das dúas bibliotecas máis fermosas de Galicia: A Biblioteca América do Pazo de Fonseca e a Biblioteca Lago da Facultade de Xeografía e Historia. Entrar nestas bibliotecas foi como un auténtico viaxe no tempo.

Xuntamos esta pequena fotomontaxe e, se facedes clic enriba dela, levarádevos a un interesante vídeo sobre a experiencia.