Iniciar sesión

Secretaría virtual

Actividades

Celebración do magosto

No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos nesta celebración do magosto (que foi en mnovembro). 

Celebración do Magosto from matesrou on Vimeo.

Desexámosvos o mellor!

Entrañábel e divertido o acto de graduación do noso alumnado. Esperamos que gardedes un bo recordo do noso centro e que vos vaia ben nesta nova andaina que comezades.

Presentación Graduación 14-15 from matesrou on Vimeo.

Je suis Paris

O pasado luns, no noso centro, gardáronse cinco minutos de silencio como solidariedade coas víctimas dos atentados ocurridos en París.

Con este acto todos quixemos dicir: “Je suis Paris”.

              

URUGUAI NO ROU

ACTO DE ENTREGA DO BUSTO DO XENERAL ARTIGAS NO IES ROU

O IES República Oriental do Uruguai inaugurou o curso escolar 2015-16 co acto de entrega por parte da consulesa Xeral do Uruguai para a zona norte de España, dona Marta Echarte, do busto do prócer xeneral José Gervasio Artigas.

Asistiron a este acto o Xefe Territorial de Educación en Pontevedra, don César Pérez Ares, a concelleira de Educación, dona Olga Alonso, o Inspector Xefe, don Manuel Torres, a inspectora do centro, dona Marina Couñago e como representante da ANPA, don José Pérez.

Tras as correspondentes intervencións da directora do centro, dona Olga Ferro, o Xefe Territorial e a concelleira de educación, a consulesa realizou unha exposición sobre a figura de Artigas.

O acto rematou coa entrega do busto ao centro.

 

        

 

           

 

Noraboa, campiona!

Unha das nosas alumnas, Paula Lago, de segundo de bacharelato, proclamouse campiona de España de Gimnasia acrobática, na modalidade de trío, como representante do club Flic Flac.

Para o instituto é un orgullo contar cunha campiona entre o noso alumnado.

Podedes botarlle unha ollada a este vídeo para ver as súas sorprendentes acrobacias.

 

As rapazas que Verne non imaxinou

 

Varias compoñentes do Club de Remo Chapela estiveron no noso instituto compartindo con todos nós as súas experiencias. Podedes velo no seguinte vídeo.

 

remo no rou 2 from matesrou on Vimeo.

Visita múltiple

No arquivo adxunto podedes ver unha presentación da visita a:

  • SOGAMA (Cerceda)
  • Museo de Historia Natural (Santiago)
  • Observatorio Astronómico Ramón María Aller (Santiago)

Visita ao porto de Vigo

Aquí tedes unha presentación sobre a visita que realizou o noso alumnado ao porto de Vigo.

 

Seleccionados para a mellora do éxito escolar

 

O noso centro foi seleccionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver durante este curso varios programas orientados á mellora do éxito escolar do alumnado. Estes programas abranguen desde o reforzo, orientación e apoio ou a mellora das competencias clave ata a mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

No seguinte enlace podedes ver a noticia publicada no Faro de Vigo

Mellora de resultados

Outro xeito de ver as estrelas

Aquí tedes unha mostra do traballo realizado polos alumnos de 4º diversificación. Parabens.

 

Distribuir contido