Outras actividades biblioteca
Personificando a poesía
Co gallo do Día Mundial da Poesía, desde o noso centro queremos facer unhas pequenas achegas con poemas recitados polo profesorado e alumnado do instituto. Se facedes clic enriba de cada nome podedes acceder a elas.
Revista Equipo Dinamización e Normalización Lingüística
Desde o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística puxemos en marcha a realización dunha revista do instituto co alumnado. Podedes acceder ás súas versións en internet clicando nos seguintes enlaces:
Tamén podedes acceder ás versións pdf nos arquivos adxuntos.
Recordamos tamén aos membros do equipo que tedes reunión os martes, no primeiro recreo, na aula de 4º A (aula de plástica).
Que disfrutedes da lectura!
Gran concurso do século XX
O venres 18 de decembro, despois dunha ampla e reñida participación, o xurado concedeu dous premios no Gran Concurso do Século XX:
- 1º Premio: Agustina Álvarez e Víctor Barrado
- 2º Premio Francisco Grande, Marcos Bértolo e Jose Antonio Grande
Parabéns aos gañadores!!
Teatro no ROU
No seguinte vídeo tedes tres entremeses representados polo alumnado de 2º ESO co gallo da xornada de portas abertas que se celebrou no noso instituto. Que o disfrutedes.
Teatro no ROU from IES ROU on Vimeo.
Verne, Vigo e o ROU
Co gallo do 150 aniversario da visita do Nautilus a Vigo, ponse en marcha o proxecto "12000 libros baixo os mares". Estes libros constituirán unha biblioteca ambulante centrada no mar.
Ao mesmo tempo, lévase a cabo unha exposición (cedida polo profesor do IES Santa Irene Rodrigo Pérez Pintos) que tenta fomentar nos rapaces o interese pola ciencia, a fantasía e a búsqueda do que todavía non se coñece.
Neste vídeo tedes unha pequena mostra desta exposición certamente evocadora.
Verne, Vigo e o ROU from IES ROU on Vimeo.
Recollendo o premio
Na seguinte foto podemos ver á profesora Estela Lago, do departamento de Lingua Castelá, recollendo o premio outorgado pola Fundación Barrié dentro da "V Convocatoria de Proxectos Escolares 2016 - 2017".
Obradoiro: o libro cartoneiro
O día 7 de febreiro, a profesora da Universidade de Vigo Carmen Luna Sellés, especialista en literatura latinoamericana, impartiu un obradoiro aos alumnos de 1º de bacharelato no noso centro sobre o libro cartoneiro en Hispanoamérica.
Que son as editoriais cartoneiras?
Son unha tendencia dentro dalgunhas editoriais alternativas polas súas temáticas e uso de materiais para a publicación. Xurdiron en 2003 coa creación de Eloísa Cartonera en Buenos Aires e expandironse por Latinoamérica.
Caracterízanse polo tipo de libros que publican con independencia das grandes editoriais comerciais e por utilizar formatos artesanais na edición dos seus libros.
No seguinte vídeo podedes ver o éxito que tivo este obradoriro.
Libro cartonero from matesrou on Vimeo.