Iniciar sesión

Secretaría virtual

Clubs de Lectura

Premio aos clubs de lectura

Os clubs de lectura do noso centro acaban de ser premiados por parte da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con 1210 €. Debemos sinalar a importante labor que leva a cabo o noso instituto no fomento dunha actividade tan importante como é a lectura.

 

Conmemoración do día do libro

Para conmemorar o día do Libro, o alumnado de 3º de ESO e varios Clubs de lectura asistiron a un fermosísimo obradoiro da historia da escritura. Viaxaron no tempo seguindo as pistas das expresións, dende as paredes das covas paleolíticas ata a imprenta de Gutenberg, pasando pola escritura en taboíñas de barro sumerias, papiro, pergamino, manuscritos iluminados e códices. Aquí tedes un vídeo da actividade.

Visita ao Faro de Vigo

Hoxe, todos os Clubs de Lectura fomos visitar as instalacións do Faro de Vigo para ver de preto como se fai un xornal. Pasamos un rato moi agradable e enriba recibimos agasallos! Grazas a Julia pola visita.

A escritora Elena Gallego Abad estivo no noso centro

Hoxe tivemos a gran sorte de que Elena Gallego Abad visitase o noso centro.

Grazas aos Clubs de 1º e 2º de ESO pola vosa presenza, polo voso entusiasmo, postres e debuxos. Grazas a Belén, presidenta da ANPA, pola axuda na organización da actividade e a Esther, coordinadora dos Clubs de Lectura do CPI da Cañiza, polo préstamo de exemplares. A Adela e Concha.

 E por suposto, mil grazas a Elena por vir!

 

Voando cos libros e máis aló

No club de lectura non só se le, ademáis de voar cos libros realizamos moitas actividades. Velaquí algunhas delas.

 

Distribuir contido