Bioloxía-Xeoloxía
Olimpíada de Bioloxía
Alumnado do noso centro participou na convocatoria deste ano da Olimpíada de Bioloxía. Para os rapaces é sempre unha experiencia enriquecedora, na que poden ver a materia desde outro punto de vista.
Os alumnos participantes, acompañados pola profesora María Concepción Pérez García, foron: Iram Ahktar, Iria Alonso Trastoy, Belén Montenegro Viñas e Noel Suárez Barro. Se facedes clic na imaxe poderedes acceder á reportaxe que emitiu a Televisión de Galicia. Nas entrevistas aparecen algúns dos nosos alumnos, recoñecibles polo seu saber estar ante as cámaras.
Simulación de movementos tectónicos
No seguinte vídeo tedes o modelado que fixeron algúns alumnos de primeiro de bacharelato sobre a formación de pliegues tectónicos debidos a forzas de compresión. É bastante ilustrativo para entender como se forman ditos pliegues. Bo traballo!
Modelado de pliegues tectónicos from matesrou on Vimeo.
Visita á Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía
Alumnado de bacharelato e de 4º ESO realizou unha visita á Escola de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. A actividade consisitu nun obradoiro de recoñecemento de minerais de visu e a visita a dous laboratorios, un de termografía e outro de explosivos.
No seguinte vídeo tedes un resumo do moito que traballaron os rapaces.
Visita á Escola de Minas from matesrou on Vimeo.
Saída a O Grove
Nos seguintes videos tedes unha mostra do moito que traballaron (e o ben que o pasaron) os alumnos de primeiro da ESO na súa saída a O Grove onde estiveron un par de intensos días.
Saída Grove from matesrou on Vimeo.
Traballo de campo en O Grove from matesrou on Vimeo.
Traballos de campo sobre liques
O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de primeiro de bacharelato realizou unha serie de traballos de campo, consistentes en estudar a contaminación de diversas áreas de Vigo mediante a recollida e identificación de liques. Nos arquivos adxuntos tedes os resultados.
Cadernos de campo
O alumnado de segundo de bacharelato das materias Xeoloxía e CTMA realizou unha saída a Cabo Home. Como bos científicos que son elaboraron os seus cadernos de campo. Nos arquivos adxuntos podedes ver estes cadernos.
O señor dos liques
Aquí tedes a aventura que lle aconteceu ao alumnado de bioloxía de primeiro de BAC na súa percura do señor dos liques.
El Señor de Los Liquenes (convert-video-online.com) from matesrou on Vimeo.
Uns alumnos olímpicos
Catro alumnos do noso centro participaron na Olimpiada de Bioloxía que se celebrou o pasado 15 de xaneiro na Facultade de Ciencias, en A Coruña.
Aínda que non gañaron, viviron unha experiencia enriquecedora, na que puideron visitar as instalacións da facultade e observar as investigacións que se están levando a cabo nela.
No seguinte vídeo tedes unha mostra do que alí aconteceu.
Olimpiada Biología enero 2016 from matesrou on Vimeo.
Canta potencia ten o teu cerebro?
O alumnado de 3º da ESO do noso centro asistiu o pasado 15 de outubro á actividade, organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía e patrocinada pola Fundación Barrié, denominada O cerebro: 15 W de potencia.
Aquí tedes un resumo en imaxes.
Charla sobre el cerebro from matesrou on Vimeo.