Iniciar sesión

Secretaría virtual

Inglés

Recibimento alumnado Uckfield College

Alumnado do noso centro recibiu o pasado venres en Peinador ao grupo de alumnos e profesoras do Uckfield College, de Gran Bretaña. Durante unha semana os alumnos británicos serán aloxados polas familias dos nosos rapaces, dentro do intercambio organizado polo Departamento de Inglés do noso centro.

Durante o sábado, desafiando a chuvia e acompañados polos seus compañeiros de 3º ESO e 1º Bacharelato, visitaron lugares emblemáticos da cidade, como Castrelos ou Samil. O domingo, días coas familias, algúns aproveitaron para achegarse a Portugal.

O luns comezan as actividades no centro, así coma outras visitas de interese, como Santiago ou A Coruña.

Congratulations!!

Recordades que vos informabamos de que dúas alumnas do noso centro presentábanse ao concurso de deletreo interescolar Spelling Bee? Pois os resultados foron francamente bos. Tanto Eva Collazo como Claudia Villar chegaron á fase final, acadando Claudia o segundo posto.

Os nosos parabéns.

Aquí tedes un par de fotos do concurso e outra co premio obtido.

                                   

 

 

 

Concurso Spelling Bee

Esta tarde as alumnas Claudia Villar  e Eva Collazo de 3 ESO, acompañadas pola súa profesora de inglés Palmira Calvar, participarán na XIII edición do  concurso de deletreo interescolar de Vigo.

O concurso celebrarase no Cine Salesianos a partir das 17:30 da tarde.
 
BOA SORTE!
 

Teaching English

Se clicades na icona poderedes acceder ao blog da profe Palmira Calvar, onde atoparedes moitas cousas útiles para mellorar o voso inglés.

 

Programación curso 2021/22

No arquivo adxunto tedes a programación correspondente ao curso 2021/22.

Renaissance painting

No seguinte vídeo tedes unha mostra das descricións en inglés das pinturas do Renacemento italiano, con autores como Leonardo da Vinci, Miguel Ángel, Botticelli... coordinada por Concepción Vázquez. 

Renaissance painting from matesrou on Vimeo.

Información avaliación curso 2016/17

Nos arquivos adxuntos tedes información relativa a avaliación para o curso 2016/17.

Membros do Departamento de Inglés

Palmira Calvar Rosendo

Xulio Banga García

Sonia Mª García Pérez

Natalia Regueiro García

Distribuir contido