Iniciar sesión

Secretaría virtual

Dinamización Lingua Galega

Número cinco da revista Roulando

Xa podedes ver on line (facendo clic no seguinte enlace) ou descargar (no arquivo adxunto) a nova entrega da revista Roulando. Conta con artigos  e creacións moi interesantes, ademais de debuxos e creacións artísticas. Agardamos que vos guste.

Letras galegas 2023

O departamento de Dinamización da Lingua Galega deseñou un Photocall para celebrar o Día das Letras Galegas, onde o alumnado se fotografiou con bocadillos de frases feitas da nosa cultura e caraveis vermellos. Asemade, expuxéronse numerosas viñetas do artista gráfico Luis Davila O Bichero sobre prexuízos lingüísticos.

Os merdeiros no noso centro

Este xoves 16 de febreiro, o EDNL convidou a uns membros da "Asociación etnografica a merdeira" para falarlles do Entroido e da figura do merdeiro á rapazada de 1° da ESO. Falaron do vínculo deste personaxe cos mariñeiros, labregos e burguesia da cidade e do seu sentido no Entroido tradicional. Ao finalizar algúns voluntarios vestiron o traxe e máscara para perseguir os demais e troulear por fóra.

Novo número de ROULANDO

Sabiamos que estabades esperando con ansia o novo número (o catro xa) da nosa revista ROULANDO. Pois aquí o tedes:

Que o gocedes!

Premios Concurso Literario IES ROU 2022

Este martes, 31 de maio, celebrouse o acto de entrega de premios do Concurso Literario IES ROU 2022, iniciativa do EDNL e Biblioteca. Entregou os galardóns o director. O xurado, formado por Eliseo Martínez, Mar Hospido e Palmira Calvar, decidiu por unanimidade outorgar os premios aos seguintes participantes:

  • 1° Premio Narrativa (categoría I): MIGUEL VILA por "O home de negro".
  • 2° Premio Narrativa (categoría I): LEO SANTIAGO por "Amor no ocaso do pensamento".
  • 1° Premio de Poesía (categoría I): CALEB IGLESIAS por "Os escritos da alma".
  • 1° Premio Narrativa (categoría II): ANTÍA FERNÁNDEZ por "A nena espida sobre a neve".
  • 2° Premio Narrativa (categoría II): JUAN CARLOS BARROS por "Os misterios da Terra Media".
  • 1° Premio de Poesía (categoría II): DANIEL REGUEIRO por "Antoloxía poética".
  • 2° Premio de Poesía (categoría II): ANTÍA FERNÁNDEZ por "Os crueis e os namorados".

Parabéns a tod@s os galardoad@s e mais ao resto de participantes por tantísimo talento!

Quico Cadaval connosco

Co gallo do Día das Letras Galegas estivo no noso instituto Quico Cadaval, actor, director teatral, escritor e narrador. A súa actuación encandeou a todos os que tivemos a sorte de velo. Tamén departiu co alumnado, que agradeceu a súa espontaneidade e o seu trato afable. Podedes ver algúns momentos da súa actuación se facedes clis no seguinte enlace.

Velaquí algunhas fotos.

O Día de Rosalía de Castro

Con motivo do Día de Rosalía, 23 de febreiro, a Biblioteca xunto co Equipo de Dinamización da Lingua homenaxeou á autora con traballos creativos do alumnado. Á proposta da Asociación de Autores en Lingua Galega, o alumnado partiu dos primeiros poemas de Follas Novas de Rosalía de Castro para sementar os seus pensamentos poéticos polo centro.

Conferencia sobre Xela Arias

O 7 de febreiro,o alumnado de 4°ESO e parte do de 3° asistiu á conferencia "Xela Arias. Poesía e vida" impartida por Anxo Rajó e Bieito Ledo. Anxo Rajó, autor dun libro sobre a poeta na editorial Ir Indo, contounos feitos da vida da autora decisivos para entender a súa obra. Tamén explicou a forte personalidade e vixencia dos seus versos. Deseguido, Bieito Ledo, fundador e director da editorial Ir Indo, tratou a importancia de escribir, editar e publicar obras desde a súa óptica tan rica en experiencias. As cuestións do alumnado prolongaron o encontro sobre a autora recentemente homenaxeada

Novo número revista ROULANDO

Xa temos aquí o novo e interesante número da nosa revista ROULANDO, coordinada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Tedes dúas posibilidades de vela:

Que a gocedes!

A poesía no noso centro

O profesor de galego Xavier Xil Xardón impartiu un obradoiro de poesía dirixido aos alumnos de ESO e Bacharelato. O obradoiro pechouse cun recital da poeta Silvia Penas quen, co seu grupo Cintaadhesiva, levou ao escenario poemas de Xela Arias e da propia Silvia. Foi unha actividade moi enriquecedora que esperamos poder seguir organizando nun futuro.

Distribuir contido