Iniciar sesión

Secretaría virtual

Clubs de Lectura

Le Petit Prince atterrit au ROU

Este curso 2020/21, o alumnado do Club de lectura de francés, coordinado por Henar Pascual Malvar, leu Le Petit Prince de Antoine de Saint- Exupéry e visionou a adaptación cinematográfica de Mark Osborne. Posteriormente, elaboraron o seguinte audiolibro no que quedan reflectidas as súas impresións acerca deste clásico da literatura universal. Á súa vez, guiados por Pablo Martínez Rodríguez, os seus compañeiros de Plástica realizaron unhas fermosas maquetas para expoñer no centro.

Club de lectura 1º BAC

O alumnado do Club de lectura de 1º BACHARELATO, acompañados pola coordinadora dos Clubs de lectura, Carmen Ferreiro, asistiu á representación de DON JUAN TENORIO, un clásico universal.

A sesión foi o martes, 28 de febreiro no teatro Salesianos de Vigo. Gustounos e disfrutámolo moito e iso que non sabiamos que sería a nosa última sesión cultural por moitos meses!

Visita á Biblioteca Neira Vilas

O  venres 20 de decembro, o alumnado dos Clubs de lectura de 1º e 2º ESO visitaron á Biblioteca Neira Vilas coa profesora Mª Jesús Fernándezl e a cordinadora dos Clubs de lectura Carmen Ferreiro. Puideron comprobar como funciona unha biblioteca por dentro e como se organiza. A continuación asistiron a unha interesante e amena charla sobre literatura e deportes e para rematar a sesión participaron nun divertido xogo de preguntas e respostas sobre o que aprenderan. Pasámolo moi ben!

Xa temos Instagram

Seguindo coa nosa idea de estar presente nas redes sociais, temos creado unha conta en Instagram. Trátase dunha páxina cultural para publicar as novedades da biblioteca do centro e dos clubes de lectura.

Animamos a toda a comunidade educativa para que participe.

Visita a Faro de Vigo

O mércores 29 de maio, o alumnado do Club de lectura de 1ºBACHARELATO e 4º ESO coas súas profesoras Silvia Costas e Carmen Ferreiro visitaron ás instalacións do Faro de Vigo, o xornal da nosa cidade e decano da prensa nacional onde puideron comprobar como se organiza a publicación deste xornal.

 
 

Visita á biblioteca Neira Vilas

O alumnado do Club de lectura de 1º ESO e o Club de lectura fácil de 1º Y 2º DE ESO visitaron á Biblioteca Neira Vilas coa profesora Andrea Doural e a cordinadora do Club de lectura Carmen Ferreiro o xoves 30 de maio. Viron como funciona unha biblioteca dende dentro, como se ordenan os libros e como se poden localizar e asistiron a unha charla sobre viaxes, algunhas reais outras imaxinarias. Alí ensináronlle diferentes tipos de Atlas, faláronlle de Xulio Verne e as súas viaxes extraordinarias, de lugares míticos como Oz, o País das Maravillas, A Comarca ou Marnia e tamén puideron facer a súa propia viaxe nun divertido xogo.

 

 

 

Visita ao teatro

O Club de lectura de 1º ESO e o Club de lectura fácil DE 1º Y 2º DE ESO asistiron ao teatro Salesianos para ver a obra UN MILLÓN DE LIKES que trata das redes sociais e de como estas transforman a nosa forma de relacionarnos e comunicarnos. Estiveron acompañados pola profesora Andrea Doural e a cordinadora do Club de Lectura Carmen Ferreiro. A experiencia gustoulles moito e para algúns foi a súa primeira incursión teatral! 

Concurso de viñetas sobre Drácula

Xa coñecemos as gañadoras do concurso de viñetas sobre Drácula no que participou o alumnado do Club de LECTURA FÁCIL DE 1º E 2º DE ESO. As gañadoras foron:

  • 1 PREMIO: AHIRIANA JULIETA MOLINA DE 2º ESO B.
  • 2º PREMIO: ASHLEY MELISA TRIGUEROS DE 1 ESO B.
 

Os clubs de lectura en Santiago

O 17 de xuño varios membros dos Clubs de lectura do ROU asistimos en Compostela a unha gran celebración co gallo dos dez anos continuados dos CLUBS DE LECTURA nos centros de ensino secundario de Galicia. Coñecemos autores e autoras do panorama literario galego e español, poetas e narradores, creadores do ámbito da ilustración, o cómic, o graffiti, xornalistas culturais de televisión e radio, expertos do mundo do cine, músicos, xentes do rap e da regueifa, expertos en temas de lectura... Todo un luxo!

No arquivo adxunto tedes o programa de dita celebración.

Os clubs de lectura en Santiago from matesrou on Vimeo.

Le malade imaginaire

Alumnado de 4º ESO do noso centro asistiu á representación da obra "Le malade imaginaire", de Molière, na que viñan traballando previamente no Club de Lectura de Francés. Como podedes ver nas fotos, parece que disfrutaron da representación.

                      

Distribuir contido