Xeografía e Historia
A Gran Guerra
Non moi a miúdo temos a oportunidade de estar explicando un acontecemento histórico e que de xeito simultáneo se proxecte no cine unha película histórica relacionada co tema; menos ainda que sexa unha película prácticamente perfecta desde o punto de vista histórico. Desde xeito, o alumnado de 4º ESO e de Ciencias Sociais e Humanidades de 1º de Bacharelato tivo ocasión de acudir o día 31 de xaneiro ao cine a ver “1917” (V.O.S.E.) para achegarse un pouco máis a un conflicto que os propios contemporáneos denominaron a Gran Guerra: a Primeira Guerra Mundial.
As trincheiras, unha extremadamente realista “terra de ningúen” e a tensión da fronte de guerra cobraron deste xeito vida para os cen alumnos que acudiron a actividade organizada polas profesoras de 4º ESO Nela Ordóñez e Rosa del Río e acompañados polos profesores Xulio Banga e Loli Solla e a axudante de conversa Katie Maurer. Dende aquí damos as grazas ao Multicines Norte por abrirnos as portas en sesión matinal e tratarnos tan ben.
Quattrocento e Cinquecento
No seguinte vídeo podedes ver a exposición de pintura, escultura e arquitectura do Renacemento, coordinada polo profesor Felipe Garrido.
Quattrocento e Cinquecento from matesrou on Vimeo.
A coroación de Carlomagno
No seguinte vídeo tedes unha pequena mostra da recreación que fixo o alumnado de 2º ESO da coroación de Carlomagno.
La coronación de Carlomagno from matesrou on Vimeo.
Membros do Departamento
José Emilio Gómez Fernández
Alfonso Álvarez Canella
Lucía Forno Díaz
Antonio Luis Rol Benito
María Vicente González