Iniciar sesión

Secretaría virtual

2030 Unha Odisea no ROU

A obra de Lita Cabellut

Desde o Deparamento de Eduación Plástica e Visual do IES ROU presentamos o proxecto sobre a obra de Lita Cabellut, artista catalana de fama mundial. Esta actividade está enmarcada no proxecto PLAMBE do noso centro, adicado este ano ao S.XXI foi desenvolvida polo alumnado de 4º de ESO. Esperamos que vos guste.

O século XXI en "O libro nos camiños da cultura occidental"

O proxecto titulado “O libro nos camiños da Cultura Occidental”,inscrito no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, chega ao Século XXI. Durante todo o curso as actividades impulsadas dende a Biblioteca estarán encamiñadas a coñecer a súa arte, música, literatura, ciencia, historia, movementos sociais, etc. a través dos seus libros e os diferentes saberes que abranguen. Como en anos anteriores, na entrada da Ágora exponse un mural con imáxes de persoas e acontecementos fundamentais deste período.

Le racisme de nos jours

Para o proxecto de biblioteca do IES ROU deste curso 2021/22, no Club de lectura de francés de 4º de ESO, lemos "Le racisme expliqué à ma fille" de Tahar ben Jelloun.

Fixemos unha selección por capítulos das frases máis significativas para nós, reflexionando e debatendo ao redor destas.

Posteriormente, ilustrámolas e montamos unha exposición no centro.

No seguinte vídeo, podedes ver o resultado do noso traballo.

O novo proxecto de "O libro nos camiños da cultura occidental"

Aquí tedes o cartel do proxecto "O libro nos camiños da cultura occidental" que se levará a cabo durante o curso e que este ano corresponde ao século XXI. Podedes acceder a él facendo clic neste enlace.

Proxecto Mafalda

O proxecto (coordinado pola profesora de inglés, Concepción Vázquez e a auxiliar de conversa Ally Chard e realizado polo alumnado das Seccións Bilingües de 4º ESO) tiña como obxectivo que o alumnado coñecera e lera os libros de Mafalda e comprobaran que a pesar de terse escrito no século pasado, moitos temas seguen vixentes hoxe en día. Cos libros da biblioteca do centro o alumnado tivo que elixir unha tira cómica e traducila ao galego e ao inglés. Finalmente, tiveron que facer un pequeno comentario sobre a razón pola que elixiran a súa tira cómica. Unha vez acabado o traballo o alumnado fixo unha presentación oral para os seus compañeiros. Se facedes clic no enlace teredes unha pequena mostra que nos preparou Henar.

I congreso de estatística no noso centro

As matemáticas poden aplicarse a moitas situacións e facilitan a resposta a moitos problemas que poden plantexársenos. O alumnado de primeiro de ESO, coordinado polas profesoras do departamento de matemáticas Mariña López e Adela Rodríguez, deron esta solucións no I Congreso de Estatística, celebrado no noso instituto.

Un destes traballos (feito por Miguel Carbalho, Andrea Núñez, Gabriel Rodríguez e irene Román) resultou finalista no XI Concurso de Sondeos e Experimentos, que defenderon na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.

Se queredes saber algo máis, facece clic nos seguintes enlaces:

As pandemias nos séculos XX e XXI

No arquivo adxunto tedes o póster que fixo o alumnado de 4º ESO de Cultura Científica, coordinados pola profesora Marta Álvarez, sobre as pandemias nos séculos XX e XXI.

Xenocidios no século XX

Se facedes clic na imaxe, poderedes ver o traballo feito polo alumnado de 1º BAC E e F, coordinados polo seu profesor de Historial do Mundo Contemporáneo, Carlos Lixó, sobre xenocidios no século XX.

 

Os dereitos humanos no cine

Aquí tedes o excelente traballo feito por alumnado de cuarto de ESO, coordinados pola profesora de Valores Éticos, Carmen Fernández, sobre os dereitos humanos no cine.

Le Petit Prince atterrit au ROU

Este curso 2020/21, o alumnado do Club de lectura de francés, coordinado por Henar Pascual Malvar, leu Le Petit Prince de Antoine de Saint- Exupéry e visionou a adaptación cinematográfica de Mark Osborne. Posteriormente, elaboraron o seguinte audiolibro no que quedan reflectidas as súas impresións acerca deste clásico da literatura universal. Á súa vez, guiados por Pablo Martínez Rodríguez, os seus compañeiros de Plástica realizaron unhas fermosas maquetas para expoñer no centro.

Distribuir contido