Iniciar sesión

Secretaría virtual

Actividades

Día das letras galegas

Dentro das diferentes actividades que levamos a cabo no noso centro para celebrar o Día das Letras Galegas están a realización de marcapáxinas e a realización dun mural levado a cabo polo alumnado de 1º ESO.

Xuntamos taḿén un arquivo sobre a exposición que se leva a cabo na pinacoteca Fernández del Riego.

                                                 

Benvido Frian-Teis

O mércores estivo coñecendo o instituto o alumnado do CEIP Plurilingüe Frian-Teis que o vindeiro curso formará parte do noso centro. Realizaron un pequeno recorrido por distintas dependencias (salón de actos, laboratorios, aulas, cafetería, biblioteca...) guiados por algúns dos actuais alumnos (nas fotos aparecen Lucía, Caludia e Alexandra).

Estamos convencidos de que saíron contentos e con gañas de que comece o vindeiro curso.

Benvidos!!

Semana Blanca

Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasou o alumnado de 2º e 3º ESO na Semana Blanca organizada polo noso centro. 

Contra a violencia sexual

O centro vén de instalar na ágora do instituto un Punto Violeta xunto coa exposición "Violencia sexual na xuventude" co gallo do vindeiro 8 de marzo, Día da muller.

No Faro de Vigo

O noso programa de intercambio con alumnado francés de Rennes é obxecto de noticia no Faro de Vigo. Se facedes clic no recorte poderedes acceder ao contido da información.

Conmemorando o día da muller e a nena na ciencia

O IES ROU súmase a reivindicación do Día da Muller e a Nena na Ciencia que se celebra o 11 de febreiro con diversas actividades. Así, o alumnado de 1º ESO A asistiu a un obradoiro científico no museo Verbum, nunha actividade proposta polo Concello de Vig onde tomou parte nun pequeno xogo de participación e logo realizou catro actividades científicas. Tamén puido coñecer o traballo de diferentes mulleres científicas na historia e poñer en valor a lingua galega como idioma científico.

Ademais, o alumando de 4º ESO da materia Cultura Científica realizou unha exposición na Ágora do centro sobre mulleres de ciencia, visibilizando o seu traballo, cuxa contribución foi de gran valor e produciuse en desigualdade fronte aos seus compañeiros varóns.

 

O Nadal do noso centro no Faro de Vigo

Aquí tedes unha noticia que se publica hoxe no Faro de Vigo respecto a como pode utilizarse o Nadal para traballar nos departamentos de Matemáticas, Educación Plástica e Tecnoloxía.

Participación torneo pimpón

Aqui tedes algunhas fotos do alumnado do noso centro que participou na "I Xornada Vigo Tenis de Mesa", organizada polo clube Illas Cíes e o Concello de Vigo, que se celebrou este domingo no pavillón de Quirós, en Sárdoma.

Están: Iván Lago, Kevin Tombo, Hugo Bértolo, Pablo Estévez, Marcos Bértolo, Gabriel Fernández, Evan Machado y Lucas Machado.

Como sabedes, o noso centro ten unha actividade de pimpón organizada pola ANPA, da que forman parte moitos dos participantes neste Torneo.

Premios concurso de fotografía pola igualdade

Hoxe foi a recollida de premios do I Concurso de Fotografía e Frase Curta pola Igualdade, promovido pola ANPA do noso centro en colaboración co Centro Comercial Travesía á que aistiu o alcalde de Vigo D. Abel Caballero e a concelleira Dna. Nuria Rodríguez (tedes una reseña no xornal do Concello de Vigo).

Se facedes clic na fotografía cos finalistas accederedes a un pequeno resumo do que foi este acto.

O ROU contra a violencia machista

Hoxe, 25 de novembro, conmemórase o día mundial contra a violencia de xénero. Dende o IES ROU de Vigo rexeitamos calquera tipo de violencia pero hoxe, especialmente, a violencia machista. Velaí algúns dos carteis elaborados polo alumnado de Proxecto Competencial de 3º ESO.

   

Distribuir contido