Skip to Content

CHARLA "AESLEME" (ASOCIACIÓN PARA O ESTUDO DA LESIÓN MEDULAR ESPINAL).PREVENCIÓN

Hoxe contamos no centro cunha interesantísima charla, para o noso alumnado de 3º e 4º da ESO, impartida por Daniel Prada, membro da Asociación "AESLEME" (Asociación para o Estudo da Lesión Medular Espinal), para a prevención das lesións nos accidentes de tráfico causados por diversos factores. Explicación pormenorizada e cercana, directa, respondendo as dúbidas e cuestións do noso alumnado.

Unha vez rematadas as charlas tivo a ben ser entrevistado por Dario Canosa Barrientos alumno de 1º a ESO na Radio Buserana.

LINK Á ENTREVISTA

 

INFORMACIÓN SOBRE FALTAS DE ASISTENCIA

O IES Ramón Caamaño notifica que as normas de xustificación de faltas de asistencia deixarán de rexerse polos criterios derivados da COVID-19, e volverán a seguir as Instrucións do 31 de xaneiro de 2014 da Dirección Xeral de Educación pola que se establece o protocolo de prevención e control do absentismo escolar.

A partir do vindeiro luns 28 de marzo, todas as ausencias a clase deberán ser  xustificadas documentalmente.  

As xustificacións feitas polas familias do alumnado por motivos persoais admitiranse cando sexan puntuais. Cando as faltas de asistencia xustificadas polos pais sexan reiteradas ou haxa antecedentes de absentismo, o profesor titor requirirá xustificación adicional.

As faltas reiteradas en datas de exame de avaliación só se xustificarán cun documento acreditativo oficial, que deberá mostrarse ao profesor da materia do exame antes de entregarllo ao titor/a. A non xustificación poderá derivar na perda do dereito á avaliación continua.  

Con esta medida pretendemos evitar o relaxamento que estamos a percibir na importancia de cumprir coa obrigatoriedade de asistencia a clase, e tomar conciencia das posibles consecuencias do incumprimento.

Así mesmo, comezaremos a controlar exhaustivamente as faltas reiteradas de puntualidade a primeira hora da mañá. A acumulación de 3 faltas de puntualidade rexistrarase no sistema como unha falta leve contraria ás normas de convivencia. De persistir a situación, o alumnado perderá o dereito a asistir á sesión lectiva na que se produza o retraso.

Moitas gracias pola vosa colaboración.

Un saúdo

O Equipo Directivo

BECAS 2022-2023

Na páxina web do ministerio de educación (ligazón) publicouse a información sobre as becas para o curso 2022-2023.

O alumnado de 4º ESO ou que accedan a unha FP poderán solicitalas do 30 de marzo ó 12 de maio a través da sede electrónica. 

RESUMO ENTROIDO e DÏA DE ROSALÍA

O pasado 25 de Febreiro aproveitamos para celebrar  conxuntamente o Entroido e o día de Rosalía. Alumnado da asignatura de Latín E DE 2º ESO homenaxeou a nosa Poetisa prantando no xardín traseiro do centro 23 plantas "Pensamentos", as súas preferidas. Alumnado variado de 2º e 4º da ESO participou no concurso de "doces de entroido" facendo as delicias do paladar do xurado: Bolachas, rosquillas, lazos, biscoito de chocolate, filloas recheas, etc...auténticos manxares. Tivemos alumnado que participou nos concurso de disfraces, tanto individual coma colectivo: bodas, confirmacións, diablas, homes de muller, políticos Thrump, animes, Moscas, xardiñeiros, estudantes a magos, hippies, etc...Cada nivel e grupo educativo recitou a coro no patio un poema de Rosalía e fíxose oficial a inauguración da radio do centro con minirrecitais e música variada galega. Ó final da mañá, degustamos orellas e rosquillas confraternizando no patio. Un día estupendo.

PRANTADO DE "PENSAMENTOS" EN HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

POEMAS CORAIS RECITADOS NO PATIO

 

1º A ESO: "NOSA SEÑORA DA BARCA"

2º A ESO: "EU BEN VIN ESTAR Ó MOUCHO"

2º B ESO: "CASTELLANOS DE CASTILLA"

3º A ESO: "AIRIÑOS, AIRIÑOS AIRES"

4º A ESO: "UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO"

 

1º PREMIO CONCURSO DE POSTRES "BOLACHAS DE ENTROIDO" (ROSALÍA VILELA GERPE)

LINK Á RECEITA

2º PREMIO CONCURSO DE POSTRES "BISCOITO DE CHOCOLATE" (ADELA SONEIRA BARRIENTOS)

LINK Á RECEITA

3º PREMIO CONCURSO DE POSTRES "ROSQUILLAS" (ZAIRA TOBA VILELA e ANA ANDREA LEMA SONEIRA)

LINK Á RECEITA

LINK Á RECEITA

OUTROS POSTRES (ZAIRA TOBA VILELA)

LINK Á RECEITA

LINK Á RECEITA

1º PREMIO DISFRAZ INDIVIDUAL "A FULANA ROSANNA"

(DARÍO CANOSA BARRIENTOS)

2º PREMIO DISFRAZ INDIVIDUAL "A SIRVENTA"

(JUÁN SOTO DOMÍNGUEZ)

1º PREMIO DISFRAZ COLECTIVO "CONFIRMACIÓN INFERNAL"

(YASMÍN ALAMANCOS GRAIÑO, YOMARA AMADO RUÍZ, SAMUEL EIRÍN LORENZO,

ADRIÁN FURELOS POSE, ALEJANDRO MONTERO LÓPEZ, CANDELA PÉREZ LOURO)

2º PREMIO DISFRAZ COLECTIVO " A BODA"

(RAQUEL EIRÍN EIRÍN, SHAMIRA HRIMOU RODRÍGUEZ, ANA ANDREA LEMA SONEIRA, IKER QUINTÁNS CASAL, GABRIELA REY CARBALLO,

PAULA REY TOBA, BRAIS SANTIAGO RODRÍGUEZ, ADELA SONEIRA BARRIENTOS,

DAMIÁN SONEIRA LAGO, ZAIRA TOBA VILELA, FRANCISCO VIDAL MARTÍNEZ)

 

 

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN 2022/2023

O día 1 de marzo comeza o período para solicitar praza no IES Ramón Caamaño.

Poderá presentar a solicitude de admisión aquel alumnado que NON proceda dos centros educativos adscritos (CEIP Os Muíños, CEIP Vilarmide). A presentación das solicitudes farase presencialmente no centro educativo ou a través da sede electrónica

O prazo de presentación de solicitude será desde o 1 ata o 21 de marzo. Para máis información pinchar aquí.

En caso de dúbida chamade ao 881880775. 

ENTROIDO e HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO 2022

Xanon queda nada!!! Anímate a participar no concurso de disfraces e postres o día 25 no Entroido 2022!!! 

As follas para inscribirse están fronte a Secretaría. Data límite para o concurso xoves no 1º recreo.

Participes nos concursos ou non non deixes de disfrazarte e participa!!!

CHARLA-COLOQUIO CON ANTONIO RIAL BOUBETA

Este pasado mércores 16 de Febreiro, tivemos a sorte de contar no noso centro coa presenza do Psicólogo, Doutor de Psiocolía Social e Profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago. Antonio Rial Boubeta. Especializado en estadística, análise de datos e metodoloxía das ciencias do comportamento. Nesta magnífica sesión desgranou a problemática que está a acontecer entre a mocidade do uso abusivo das tecnoloxías dixitais e os videoxogos e os perigos que se poden derivar. Recalcou a necesidade máis que nunca perentoria de exercer de pais, nais responsables limitando e exercendo control do uso das tecnoloxía dixital por parte d@s fill@s. A actividade está organizada polo CFR de Vimianzo.

RADIO BUSERANA - AVANCE

Distribuir contido


by Dr. Radut