Skip to Content

PUBLICACIÓN LISTAXES ADMITIDOS - CURSO 2023/2024

Todo o alumnado de 6º de EP dos colexios de Vilarmide e Os Muíños que reservou praza no IES Ramón Caamaño obtivo praza. Dende hoxe 03 de marzo de 2023 están publicadas no taboleiro da conserxería do centro as listaxes do alumnado admitido para cursar 1º ESO o vindeiro curso 2023-24 no IES Ramón Caamaño.

MÚSICA EN MUXICAS - PROGRAMACIÓN MUSICAL TRANSVERSAL

M Ú S I A   E N   M U X I C S

Desde o IES Ramón Caamaño estamos moi ilusionadas coa proposta que veñen de artellar o EDLG, a Biblioteca, AACCEE e os Departamentos de Lingua e Música Intitulada "MÚSICA EN MUXICAS".

Con esta iniciativa, alén de dinamizar a lingua galega, pretendemos amosar desde diferentes perspectivas múltiples valores vehiculados arredor da música, e sempre ligados estes concertos a diferentes conmemoracións: o Día da Poesía, o Día da Saúde Mental, O Día da Arte e o Día das Letras Galegas.

Moi agradecidas ao colectivo de artistas co que contaremos e do que dá boa conta o cartaz!!! Saúde, Lingua e Música!!!

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - #ROSALÍABESTIAL

Este venres 24 de febreiro celebrarámolo día de Rosalía de Castro no noso centro. A data do seu aniversario é como ben sabedes o 23 de Febreiro pero por mor de ter varios actos (outros) axendados tempo atrás fan que teñamos que facelo o 24. Entre os actos teremos unha exposición guiada na biblioteca do centro #Rosalíabestial con todo o alumnado que rotará por grupos ó redor dun cartaz expositivo elaborado por Michel profesor de Língua Galega, artífice do mesmo. Navegaremos polos mares e as terras das diferentes temáticas, que abranguen a obra de Rosalía: sociais, intimistas, feminístas, políticas, culturais e identitarias a través dun "Roteiro" inventado en diversos espazos do centro, onde, acompañando tamén se recitarán os seus poemas. Como parte central dos actos da mañá faremos a "Ofrenda Floral" na que pasearemos a imaxe pintada de Rosalía ata o lugar onde se depositará unha Rosa e un Toxo como ofrenda e leranse  pequenos textos do que "significa Rosalía" e uns versos a modo de cático-coro-público. Como colofón final teremos un recital poético, "De Rosalía a Rosalía" a cargo doutra Rosalía, neste caso Rosalía Fernández Rial, poetísa Muxíá figura clave na poesía galega actual, inmensa intérprete e persoa. Nos actos colaboran e interpretan alumnado de 3º e 4º da ESO.

ROSALÍA DE CASTRO EXPOSICIÓN ANTIETIQUETAS TÍPICAS SOBRE ELA

FLOR OU TOXO - 14 FEB

E chegou o 14 de febreiro,  día dos namorados, ou do amor, ou de todo o referente o amor...O caso é que desde o Departamento de Dinamización Linguística artellouse, durante as semanas previas á data,  unha fermosa actividade para axudar económicamente a recaudar fondos para a excursión de fin de curso de 4º da ESO. A actividade consistía en que o alumnado e profesorado do centro previa "consulta e petición", poideran enviar cartas de "amor-amizade" a outra/s persoas do centro acompañadas dunha "flor" ou un "toxo". As cartes e flores ou toxos enviados tiñan un costo de 1 euro. Por outra banda e coa axuda de Verónica Otero, Xefa do Departamento de Bioloxía, o alumnado de 4º da ESO creou e decorou galletas específicas con formas variadas de corazóns decorados para vender na Feira de Muxía ese mesmo día. Agradecer a todos os que participaron, a todos os que axudaron a crear as flores de papel (sobre todo a Maica Gesteiro, profesora de EF e ao alumnado de 3º da ESO) e os que foron a apañar os toxos...; e ços máis importantes...a todos os que enviaron cartas, flores e toxos...

FESTIVAL DE NADAL 22-23

Fermoso video-resumo do Festival de Nadal realizado por Silviana Cobas Iglésias Non están todas as actividades e persoas pero si unha boa mostra. Grazas a todo o alumnado e profesrado que participou e que estivo ao tanto disfrutando todxs deste evento. A Michel por argallar e coordinar e presentar todo o evento así como os previos do día; pola coordinación dos traballos artísticos de Reinterpretación do Nadal en tódolos cursos; por crear varias pezas para a ocasión, o Sorteo de Lotería dos nenxs de San Ildefonso, o Poema paródico, o concurso de Friki-Mascotas (co alumnado de 4º), o Brinde (co alumnado de 4º) e a Panxoliña de Nadal (co alumnado de 3º); a Cristina  e o alumnado de 1º e 4º  por esas interpretacións estupendas  das Fábulas de Esopo e tamén co alumnado de 3º de oratoria pola magnífica posta en escea do Debate sobre o "rural e o urbano", tamén a Cristina pola organización dos visionados das Curtas de Nadal na Biblioteca do Centro; a Majo e Yolanda co alumnado de 2º por esa divertidísima posta en escea e actualización do conto de Brancaneves; a Brais por deleitarnos coa súa música e voz; a Verónica e a todo o profesorado que axudou a desenvolver e poñer o punto doce co obradoiro de galletas...ao equipo directivo polos Pinchos de Nadal e por estar ahí sempre...a todxs e sobre todo ao alumnado por facelo posible.

ENTREGA DE ORDENADORES

Esta semana produciuse a entrega de 10 ordenadores sobremesa e 5 portátiles para o IES Ramon Caamaño de Muxia  por parte do Banco de Reciclaxe Electrónica con Software Libre de Vigo, o cal está composto polas asociacións Informática Solidaria, IEEE UVigo e a Industriosa, en colaboración con Labecos.

 Este forma parte da rede galega de Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre, que ten como obxectivo a promoción das tecnoloxías libres e da soberanía dixital; a reutilización de equipos electrónicos para aumentar a súa vida útil, disminuíndo os residuos e a extracción de materiais e promovendo a electrónica ética; e a reducción da fenda dixital. Actualmente existen 5 bancos, que xorden da colaboración de varias asociacións, asi como da implicación de ONG de carácter social, que axudan a canalizar os equipos hacia as persoas que os necesitan. Nos últimos meses comezouse a impartir obradoiros en centros de ensinanza secundaria, chamando tamén a atención sobre a procedencia dos materiais empregados na fabricación, e o que ocurre coa sua eliminación. Todos os bancos están xestionados por persoas voluntarias. 

EMISIÓN RNE E ONDA CERO

PRIMEIRA EMISIÓN RNE EN DIRECTO DA MAÑÁ

SEGUNDA EMISIÓN DA MAÑÁ - RADIO ONDA CERO GALICIA

 

Con motivo do 20º Aniversario do afundimento do Prestige, hoxe venres 11 de novembro RNE e Onda Cero Galicia emitirán os seus informativos matutinos desde o IES Ramón Caamaño de Muxía.
O programa de RNE “Las Mañanas”, presentado e dirixido por Íñigo Alfonso, emitirase 8:00 a 10:00 horas da mañá. Neste informativo participará xente de Muxía que viviu a traxedia do Prestige en primeira persoa. Podedes volver a escoitar a emisión do programa desde o seguinte enlace  (O alumnado fala a partir do minuto 50)
De 13:40 a 15:00 horas, Onda Cero Galicia emitirá o informativo rexional, conducido pola periodista Ángeles San Luis, para lembrar os vinte anos da catástrofe do Prestige que tan de preto se viviu en Muxía. Podedes volver a escoitar a emisión desde o seguinte enlace (O alumnado fala desde o comezo ata o minuto 20). 
O profesorado e o alumnado do centro formarán parte activa da xornada, e verán en directo como se fai un informativo e o funcionamento interno dun programa de radio. O centro dispón de prazas para os veciños de Muxía que queiran asistir como público á emisión do programa de Onda Cero de 13:40 a 15:00 horas. Os interesados poden poñerse en contacto coa conserxería do centro.

FOTOGRAFÍAS e RESULTADOS DOS CONCURSOS E XOGOS POPULARES MAGOSTO - SAMAÍN 2022

Colgamos aquí unhas fotografías  do Magosto - Samaín 2022 celebrado o pasado venres 28 de Outubro. Pasámolo "de medo" e xenial coa participación de alumnado e profesorado, no debate Magosto-Samaín, na actuación teatro-musical, nos distintos xogos, nos concursos, na papatoria... O tempo respetounos e non choveu. Grazas a todos/as por participar e  facelo posible!!! 

PARTE DO ALUMNADO PREMIADO NOS CONCURSOS E XOGOS MAGOSTO-SAMAÍN 2022





 
 
 

Mes da Ciencia en Galego

Comeza un mes cheo de ciencia no IES Ramón Caamaño! En Novembro celébrase o Mes da Ciencia en Galego coa fin de visibilizar a importancia da investigación e das/os científicas/os, así como resaltar que a lingua galega é tan válida como outra calquera para investigar e divulgar ciencia.

Non te despistes e PARTICIPA na chea de actividades que se organizan:

- Experimentos e retos de diferentes temáticas durante os recreos. 
- Espectáculos de teatro e ciencia.
- Charlas sobre o cambio climático.
- Exposición de científicas e científicos galegos.
- Expositor con libros de ciencia en galego na Biblioteca do centro. 

Consulta a programación do Mes da Ciencia en Galego e inscríbete naquelas actividades con aforo limitado.

Programación do Mes da Cienca

ENLACE Ó CALENDARIO

Distribuir contido


by Dr. Radut