Skip to Content

"STAT WARS" O IMPERIO DOS DATOS - CHARLA-OBRADOIRO INTERACTIVO - DEP. MATEMÁTICAS

O pasado venres 17 de decembro de 2021 desenvolveuse no centro unha actividade organizada polo Departamento de Matemáticas coa colaboración da USC na que se tratou de posicionar o mundo dos datos na perspectiva actual, ofrecendo breves píldoras de aplicacións moi recentes nas que se abordan problemas relacionados con datos de alta dimensión e que ofrecen solucións prácticas moi interesantes en campos como a medicina, economía, deporte, redes sociais ou neurociencias. A charla estimulou a participación activa do alumnado para que poidera intuir de maneira interactiva qué é o  Big Data ou a Ciencia de datos, termos de moita actualidade nos medios de comunicación. A charla amenízouse cun concurso e intervencións do alumnado. Agradecemos á profesora Jenifer Espasandín e as compañeiras da USC por ter organizado unha xornada tan interesante e divertida.

 



page | by Dr. Radut