Skip to Content

QUÉROTE +: 2020-2021 FICHA1 - RECURSOS QUÉROTE - FICHA 2 - EDUCACIÓN SEXUAL

FICHA 1: RECURSOS QUÉROTE (novembro de 2020)

FICHA 2: EDUCACIÓN SEXUAL (novembro de 2020)

Este curso 2020-2021 no Programa Quérote +, nas clases de Física e Química de 3º da ESO traballamos nunha sesión: Recursos Quérote + Educación sexual A través dun remuiño de ideas preguntóuselle ao alumnado que era para eles/as a sexualidade e a que fontes recorrían na súa búsqueda de información.

 

 

A partir de ahí abordamos a temática que se ía traballar ao longo do programa, centrándonos nas fichas unha e dúas.

 

Despois Presentóuselles os recursos Quérote + para que puidesen consultar de forma anónima as súas dúbidas. Premeron sobre a ligazón:

http://querote.org/preguntanos/formulario.php?lg=gal

 

 

Unha das dúbidas formuladas foi: Temática: diversidade sexual - "Qué significa xénero fluido?" Actividade complementaria: O Centro de Información á Muller de Muxía, promoveu o proxecto "Cociñando relacións" a través duns obradoiros dirixidos ao alumnado da ESO do noso centro para sensibilizarlles no referente á igualdade, identidade de xénero, prevención na violencia de xénero, novas masculinidades, igualdade de oportunidades, roles e estereotipos.

 

Posteriormente desde a titoría de cada curso reflexionouse sobre o abordado nos obradoiros e solicitouse ao alum,nado de 1º a 3º da ESO que nun folio escribisen nunha frase ou debuxasen que é para eles/as a igualdade. Coas súas achegas e as doutros centros educativos da zona que participaron no devandito proxecto, o CIM elaborou e editou unha axenda, o "Recetario de botrato", que foi entregada ao alumnado do IES Ramón Caamaño por parte da Concelleira de Igualdade en conmemoración do 25 de novembro. 



page | by Dr. Radut