Xeografía e Historia
Traballo de Investigación sobre Científicas e Investigadoras da Xeografía e a Historia 1º ESO
Traballo de Investigación sobre Científicas e Investigadoras da Xeografía e a Historia.
Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO.
Podedes ver os carteis, e aproveitar para aprender un pouquiño máis escaneando o código QR que conteñen.
Departamento de Xeografía e Historia 23/24
PROFESORADO
Olga Cabrinety Lorenzo (Maruxa Morera Arbones)
Marcos Chaves Montenegro
Estela Fernández Lomba, xefa do departamento
Paula Lorenzo Sertaje (Lourdes Romera Colmenarejo)
FPB1 Visita Tui para o visionado de curtas.
O noso alumnado de FPB1 asistindo ao festival de curtas de Tui.
Recreación de fotos antigas. Alumnado de 2º Bacharelato de Patrimonio
O alumnado de Patrimonio Artístico e Cultural de Galicia estivo buscando no "baúl dos recordos" para atopar fotografías antigas, que logo recrearon. Aquí deixamos unha mostra:
Se queredes ver máis facede click aquí:
Excursión a Santiago 2º Bacharelato
O alumnado de 2º Bacharelato que cursa Historia da Arte, Patrimonio ou Xeografía, onte puideron apreciar a Arte, o urbanismo e parte do patrimonio etnográfico de Santiago. Para mostra, "un botón":
Escaleira de Domingo de Andrade
Cubertas da Catedral
Alameda
Portada de Praterías
Torre do Reloxo.
Torre da Carraca.
Congreso internacional de educación Tui Valença
A pasada fin de semana o IES Pino Manso participou no I Congreso internacional de educación Tui Valença da man da profesora de Xeografia e historia Mercedes Martín que tratou a exposición dunha situación de aprendizaxe sobre a A Prehistoria dentro do curriculum de 1ESO . O tema central do congreso foi a Reforma Educativa no contexto da Eurocidade, en base as experiencias de diferentes Centros de ambalas duas beiras do Miño, tanto en primaria como en secundaria.