Xeografía e Historia

Visita ao Monte Aloia e Castro do Alto dos Cubos (Tui)

O noso alumnado de 1º da ESO aprendendo e desfrutando da visita á natureza e ao pasado. 

 

 

 

Portas Decoradas

O Alumnado da materia de Patrimonio artístico e cultural de Galicia de 2º Bacharelato, ten como misión decorar o instituto con obras de arte feitas por eles, pero inspiradas en artistas galeg@s. O Obxectivo é converter o instituto nun lugar máis fermoso e acolledor. "Para mostra, un botón":

        Seguiremos decorando o instituto!!!

Saída EDAR Tui

O Noso alumnado de FPB1 Visitou a EDAR de Tui. 

Aquí os vemos acompañados pola súa profe, Mercedes.

Protozoo? vorticella? metano? fosfatos? anaerobia? bacterias? amebas?....miña naiciña a de palabras novas para unha soa mañá!!. Podemos non entender "nin papa" pero o que vimos cos nosos ollos, iso si que foi doado de aprezar.

Comprobamos cómo por un lado entran barros, augas grises e lixo a moreas e polo outro sae auga cistalina de novo ao Louro. Os lodos fedorentos son rexenerados para facer compostaxe e o gas metano liberado dos procesos de depuración é usado como enerxía e suple o 30% do consumo de toda a planta...que me decides? Iso é REUTILIZAR e RECICLAR en maiúscula, agora tócanos como usuarios REDUCIR o consumo innecesario e os verquidos contaminantes no ciclo urbano da auga. É un ben escaso e imprescindible para a vida no Planeta. Coidadando a auga, coidamos de nós. Merce

Cartas para os nosos maiores

O noso alumnado de FP Básica1, mostra a súa solidariedade cos nosos maiores. Se queres saber máis, clica aquí.

Conferencia de Rafael Rodríguez, Arqueólogo da Deputación

 

A Pasada semana o alumnado da materia de Patrimonio Cultural e artístico de Galicia puido disfutar da conferencia do arqueólogo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez. 

Como se pode ver, disfrutaron de coñecer en que consiste o traballo dun arqueólogo 

E de descubrir información sobre as últimas escavacións que se teñen levado a cabo na provincia. 

DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA 21/22

PROFESORADO

Xavier Álvarez Cebrián

María de las Mercedes Bangueses Vázquez, xefa do departamento

Xoán González Leirós

Paula Lorenzo Sertaje

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Adaptación da Programación Didáctica segundo as especificacións da Orde do 25 de xaneiro de 2022

 

Distribuir contido