Xeografía e Historia

DESPEDIDA A RAMÓN IGLESIAS VEIGA (Moncho): O ÚLTIMO MESTRE DO IES PINO MANSO

Venres, 23 DE XUÑO DE 2017

Hoxe estamos de CELEBRACIÓNS: Temos un xantar para lembrar o tempo compartido e temos a despedida do último MESTRE. José Mª Ramón Iglesias Veiga, para todos Moncho.

Un profesional dos que deixan pegada no alumnado e nos compañeiros de traballo. Un MESTRE que fixo do ensino a súa vida, un compañeiro exemplar, un vocacional do ensino.

GRAZAS Moncho polo legado que nos deixas

MAPEANDO PORRIÑO CON "OPENSTREETMAP"

Vídeo que recolle esta tarefa desenvolvida polo alumnado de 4º ESO grazas á colaboración de Rafa Ávila, ex alumno do Pino Manso, invitado polo centro na conmemoración do 50 aniversario.

 

MAPEANDO PORRIÑO

2017-03-10 08:45
2017-03-10 14:30
Europe/Madrid

O día 10 de marzo o ex alumno do IES Pino Manso, Rafa Ávila, terá unha sesión práctica co alumnado de 4º ESO. O obxectivo é mapear todos os locais (tendas, cafeterías, oficinas públicas, etc para coñecer se son ou non de acceso a cadeiras de rodas.

Os datos serán recollidos polo alumnado en equipos. Debrerán comprobar as medidas das portas (acceso a cadeiras de rodas: debe medir como mínimo 90 cm de ancho) e as escadas que non poden ter máis de 7 cm de alto. Eses datos quedarán recollidos nos planos, previamente confeccionados por Rafa Ávila, e unha vez de volta no instituto, os descargarán coa aplicación openstreetmap.

Esta actividade desenvolvese dentro dos actos, que co motivo do 50 aniversario do Centro, estánse a levar a cabo.

COÑECENDO O PATRIMONIO GALEGO

As alumnas de 2º de Bacharelato, Alicia Ámez e Vanesa Álvarez, comparten os seus coñecementos sobre as obras da Arte antiga de Galicia. Mira o vídeo:

 

CARTOGRAFÍA DIXITAL HUMANITARIA CON OPENSTREETMAP

2017-02-23 11:35
2017-02-23 12:25
Europe/Madrid

Xoves, día 23, o alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de escoitar ao ex alumno deste centro Rafael Ávila. Físico de profesión e experto en cartografía.

O alumnado e profesorado seguiu atentamente as explicacións de Rafa Ávila. O mapeado de países como Haiti, no caso do terremoto de 2010, permitiu identificar as zonas danadas e achegar axuda máis axiña.

Distribuir contido