TEATRO E BAILE
O último día de curso non puidemos ter remate mellor: representación da obra de teatro BO CAMIÑO, do grupo de teatro do instituto, levado por Paula, profesora de Xeografía e Historia, coa colaboración de Lucinaide, profesora de Bioloxía e Xeoloxía. Tanto elas coma o alumnado sacrificaron recreos e mediodías para ensaiar, e o esforzo pagou a pena. Grazas e noraboa!!!!
Tamén contamos coa actuación de Rubén e Blanca de 1º de BAC, xeniais coma sempre, grazas!!!!
ENTREGA DE NOTAS NAS AULAS DE REFERENCIA
Calendarios de entrega de notas da avaliación extraordinaria de 1º e 2º de Bacharelato e 1º de FP Básica e da avaliación final de ESO e 2º de FP Básica, curso 2021-22:
ESPAZO SEGURO
Espazo Seguro xa se despedira ata o curso que vén cando Pedro, o profe de Filosofía e Sicoloxía do noso IES, compartiu con nós unhas ideas superchulas coas que decidimos realizar unha última actividade.
O tema era “A SAÚDE MENTAL”.
Dende principios de curso, moitxs dxs membros do grupo insistiron na necesidade de levar este tema ás aulas para romper tabús e axudar a normalizar as enfermidades mentais.
Coa axuda dos departamentos de Filosofía e de Orientación, tres membros de Espazo Seguro realizaron unhas INTERVENCIÓNS nas titorías de 3º ESO que nos permitiron pór sobre a mesa os estigmas que xiran en torno ás enfermidades mentais e as persoas que as sofren.
Agradecer o apoio recibido para organizarnos e ao alumnado de 3º ESO por terse prestado ás propostas que fixemos. Esperamos que vos gustase a actividade!
GALA DígochoEu
Onte rematou o concurso do DígochoEu cunha gran festa no auditorio da cidade da cultura en Santiago de Compostela. Alá fomos como finalistas que eramos.
Fomos con ilusión, volvimos coa gratitude de saber que fomos un dos 10 centros finalistas de toda Galicia e con ansias de facer que a nosa lingua siga sendo un vínculo de cohesión entre nós.
Agradecer a Carlos, a Esther e a todo o equipo do DígochoEu polo seu ben facer e por brindarnos esta oportunidade de poder participar e formar parte da familia do DígochoEu.
Felicitar aos centro gañadores e a todos os centros finalistas que puxestes o voso gran de millo para visulizar e dignificar a nosa lingua.
E, por último, para toda a mocidade, non deixedes que a nosa lingua quede tan só nun programa-concurso da tvg, ou nas aulas de galego, faládea, é o voso patrimonio, a vosa herdanza! Facede uso dela e querédea!
Saúde e lingua!
BECAS NEAE 22-23
Becas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo
Curso 2022/2023
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:
ATA O 30/9/2022
O alumnado matriculado deberá cumprimentar a solicitude, imprimila e presentala no centro coa documentación correspondente
Información becas: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html
Enlace á solicitude: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html
