CENTRO

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No segundo recreo, tivemos un acto en memoria das vítimas da violencia de xénero, conducido polo alumnado de Música de 1º de Bacharelato.


Na entrada do Instituto o Departamento de Dinamización Lingüísta, coa colaboración do Equipo da Biblioteca e do Departamento de Lingua Galega, colocou un tendal (que simboliza os estereotipos de xénero) con lemas en contra da violencia de xénero e favor do empoderamento da muller. Na súa elaboración participou alumnado de 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO.

 

O alumnado de 1º ESO visualizou curtas sobre violencia de xénero realizadas o curso pasado por alumnado do centro dentro do Proxecto Xénero Historias do Concello do Porriño e tivo un obradoiro de chapas nas que plasmaron lemas sobre a violencia de xénero.

 

 

MAGOSTO 2020

O martes 12 de novembro celebramos o MAGOSTO.

O primeiro CONCURSO DE BATALLAS DE BAILE foi todo un éxito. Dende aquí queremos dar de novo as grazas a Rubén (organizador) e a todos os participantes.

Debido ao mal tempo, tivemos que suspender os xogos populares e as competicións deportivas que tiñan preparados dende o departamento de Educación Física.

 

Nocións básicas sobre RCP

Hoxe, 16 de outubro de 2019, día mundial da parada cardíaca, o alumnado de FP Básica, 3º ESO e 1º de Bachareltao A recibiron formación sobre reanimación cardiopulmonar a cargo de persoal da UCI do Álvarao Cunqueiro. 

A sesión comezou cunha introducción teórica, a proxección dun vídeo e unha serie de prácticas por parte do alumnado.

Dende o instituto, queremos agradecer á ANPA a organización desta actividade.

Distribuir contido