CENTRO

Día de Rosalía

Celebrando o día de Rosalía. Cada ano o equipo de normalización lingüística, xunto co departamento de Lingua Galega e a colaboración do de Música, nos sorprende levando a cabo actividades fermosísimas das que podemos desfrutar toda a comunidade educativa.      

8 de marzo. Día da muller

No IES Pino Manso tamén conmemoramos o 8 de marzo, día da muller. Para iso o concello propúxonos unha visita das mulleres que triunfan no mundo da música, como podemos ver: 

  

Tamén puidemos desfrutar da visita e charla das mulleres referentes galegas, que colaboran co programa EduReferentes- Executivas

   

E como non? Puidemos tamén  compartir as experiencias das avoas, que co seu testemuño nos contaron como foron as súas vidas como mulleres traballadoras, valentes, aventureiras, ... 

  

Aquí temos a Marisa, Mari, Encarna e Geles, contando como ían ao río a lavar, migraron a Alemaña, traballaron en Zeltia, ou foron a Santiago a estudar enfermería, entre outras moitas aventuras...

TEATRO E BAILE

O último día de curso non puidemos ter remate mellor: representación da obra de teatro BO CAMIÑO, do grupo de teatro do instituto, levado por Paula, profesora de Xeografía e Historia, coa colaboración de Lucinaide, profesora de Bioloxía e Xeoloxía. Tanto elas coma o alumnado sacrificaron recreos e mediodías para ensaiar, e o esforzo pagou a pena. Grazas e noraboa!!!!

Tamén contamos coa actuación de Rubén e Blanca de 1º de BAC, xeniais coma sempre, grazas!!!!

ESPAZO SEGURO

Espazo Seguro xa se despedira ata o curso que vén cando Pedro, o profe de Filosofía e Sicoloxía do noso IES, compartiu con nós unhas ideas superchulas coas que decidimos realizar unha última actividade.

O tema era “A SAÚDE MENTAL”.

Dende principios de curso, moitxs dxs membros do grupo insistiron na necesidade de levar este tema ás aulas para romper tabús e axudar a normalizar as enfermidades mentais.

Coa axuda dos departamentos de Filosofía e de Orientación, tres membros de Espazo Seguro realizaron unhas INTERVENCIÓNS nas titorías de 3º ESO que nos permitiron pór sobre a mesa os estigmas que xiran en torno ás enfermidades mentais e as persoas que as sofren.

Agradecer o apoio recibido para organizarnos e ao alumnado de 3º ESO por terse prestado ás propostas que fixemos. Esperamos que vos gustase a actividade!

GALA DígochoEu

Onte rematou o concurso do DígochoEu cunha gran festa no auditorio da cidade da cultura en Santiago de Compostela. Alá fomos como finalistas que eramos.


Fomos con ilusión, volvimos coa gratitude de saber que fomos un dos 10 centros finalistas de toda Galicia e con ansias de facer que a nosa lingua siga sendo un vínculo de cohesión entre nós.


Agradecer a Carlos, a Esther e a todo o equipo do DígochoEu polo seu ben facer e por brindarnos esta oportunidade de poder participar e formar parte da familia do DígochoEu.


Felicitar aos centro gañadores e a todos os centros finalistas que puxestes o voso gran de millo para visulizar e dignificar a nosa lingua.


E, por último, para toda a mocidade, non deixedes que a nosa lingua quede tan só nun programa-concurso da tvg, ou nas aulas de galego, faládea, é o voso patrimonio, a vosa herdanza! Facede uso dela e querédea!


Saúde e lingua!

Distribuir contido