CENTRO

ENCONTRO CON IGNACIO VILAR

Hoxe, no festival de Cans, con Ignacio Vilar e con Aura 1964, o guión da súa vindeira película.No grupo do clube de lectura do Pino Manso leron o libro Aura 1964 e hoxe realizaron un coloquio con el. Intercambiaron opinións sobre a temática, os protagonistas, os espazos, a literatura, o audiovisual... Porque unha peli sempre comeza por palabras e por alguén que as escribe. "Aura 1964", unha ollada ao pasado para poder seguir sementando un bo futuro. E se rematase sendo algúns d@s nos@s alumn@s os actores ou actrices da peli? Grazas a Ignacio Vilar e grazas a Eva, de Vía Láctea Films, por convidarnos a esta sesión tan bonita.

REVISTA OPINO

Xa temos a revista Opino!!!!

Traballou nela alumnado de Valores Éticos de 4º de ESO, de Filosofía de 4º de ESO, de Filosofía de 1º de BAC e de Historia da Filosofía e Psicoloxía de 2º BAC.

Clicando na imaxe, podedes desfrutar dela:

CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Xa temos fotografías gañadoras do concurso. As vosas profesoras de Matemáticas faranvos entrega das calculadoras con ilustracións de mulleres matemáticas.

Noraboa ás premiadas!

Compartimos todos os traballos presentados, grazas!

ACTUACIÓN AVELINO GONZÁLEZ

Onte tivemos a sorte de poder gozar da actuación de Avelino González, un home de teatro, de cine, de series... pero nesta ocasión veu ao noso instituto a contar contos e lendas da zona, a como xogar coas palabras e sentilas. Pescudou sobre as orixes dos nomes e apelidos do alumnado de 2º de ESO e fixo un percorrido polo noso patrimonio inmaterial máis próximo. Sempre tendo como fío condutor a nosa lingua, o galego. Todo isto sacándolle un sorriso a todos/as os que o escoitamos. Porque Avelino é un home de teatro, de contar, de saber e, sobre todo, un home do que aprender moito. Grazas!

Distribuir contido