Xeografía e Historia

Visita didáctica a Santiago de Compostela

O día 4 de decembro o alumnado da opción Historia da Arte de 2º Bacharelato C visitou a catedral de Santiago de Compostela(tellados e interior) e a Cidade da Cultura(exposición de códices medievais, Gallaecia petrea e entorna).

Na cidade da Cultura

De visita ao Museo do Prado

 

O próximo 10 de febreiro o alumnado de 1º Bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades  poderá disfrutar da exposición do Hermitage que acolle temporalmente o Museo do Prado en Madrid ata o día 26 de marzo. Tamén poderán botarlle unha ollada as obras de El Greco, Velázquez e Goya.

Esta saída está organizada polo Departamento de Xeografía e Historia. Máis información no blogue da profesora que imparte Historia da Arte destes niveis: + Historia con Mercedes.

Saída Departamento de Xeografía e Historia

O próximo venres 25 de febreiro, o alumnado de 4º ESO B e C e  2º ESO A terá a oportunidade de visitar a prestixiosa Colección Zanchi no Centro Cultural Caixanova.

Unha boa oportunidade de coñecer algunhas obras maestras da pintura realizadas por artistas da talla de Miguel Angel, Caravaggio ou Tiziano. Despois, percorrerán o Museo do Mar de Vigo nunha visita guiada.

Horario da saída: das 9,00 ás 14,20 aproximadamente.

Distribuir contido