Congreso internacional de educación Tui Valença

A pasada fin de semana o IES Pino Manso participou no I Congreso internacional de educación Tui Valença da man da profesora de Xeografia e historia Mercedes Martín que tratou a exposición dunha situación de aprendizaxe sobre a A Prehistoria dentro do curriculum de 1ESO . O tema central do congreso foi a Reforma Educativa no contexto da Eurocidade, en base as experiencias de diferentes Centros de ambalas duas beiras do Miño, tanto en primaria como en secundaria.