Skip to Content

Anïk Nandi

    O IES Perdouro recibiu a visita por segundo ano consecutivo de Anïk Nandi., sociolingüista orixinario de Bengala Occidental, ao norte da India. Está vinculado á Univerdidade de Santiago de Compostela e tras o doutorado, está a traballar nas lenguas minoritarias do seu país. Na súa rexión fálanse máis de 80 linguas. Delas 22 lograron o estatus de lingua oficial e outras tantas están en proceso de solicitar ser consideradas linguas oficiais no estado de Bengala Occidental. Anik estudiou na Universidade de Burdwan a licenciatura en Filología Inglesa (Promoción do 2005). A súa vez é doutor en Sociolingüística pola Universidade de Santiago de Compostela (Ano 2008). A súa tese doctoral leva por título:Sociolinguistic Strategies of Revitalization of Minority Languages in Multilingual Contexts: A Comparative Study between Galicia (Spain) and West Bengal (India). Na actualidade fala seis linguas : inglés, bengalí, sánscrito, hindi, español e galego. Especialista en linguas minoritarias, neste intre está de novo a escribir e a analizar a situación das linguas minoritarias na India. É membro da Sociedad Española de Lingüística, colaborador do Instituto da Lingua Galega e conta con innumerables artigos de investigación e traballos sobre o tema das linguas minoritarias no campo da lingüística aplicada.
    Anïk Nandi colabora co IES Perdouro uníndose ao Modelo Burela, proxecto que cada ano vai recibindo máis colaboracións tanto a nivel individual como a nivel de entidades públicas. Acompañounos o xoves 7 de abril do 2011 nunha reunión dos integrantes dos IES da Mariña que colaboran neste proxecto. A súa presenza lembrounos a importancia de coidar o galego, unha lingua tamén minoritaria, e o inglés, que se pode considerar unha lingua internacional para a comunicación entre as nacións.
    Por outra banda, o venres 8 de abril, nunha actividade coordinada por Ramón Blanco, Bernardo Penabade, integrantes do seminario de Lingua Galega e o Seminario de Inglés do IES Perdouro, os alumnos de 1º de Bacharelato do IES Perdouro tiveron a oportunidade de coñecer a Anik Nandi e de aprender acerca das sociedades plurilingües e das linguas minoritarias. Anïk comparou o contexto sociolingüístico de Galicia coa diversidade lingüïstica do seu país natal. Entre outros idiomas, en Bengala Occidentel, úsanse frecuentemente bengalí, hindí, sánscrito e inglés. O galego e o inglés foron as linguas empregadas durante este acto, tanto por parte dos alumnos como por parte de Anïk. Quedou claro que o inglés é fundamental para expresarse a nivel internacional, e que tamén debemos estar orgullosos do galego, a lingua materna. A diversidade de linguas é tan importante como a biodiversidade. Esta foi unha actividade de inmersión no inglés, na que os alumnos non só escoitaron a Anïk expresarse en inglés senón que o entrevistaron neste idioma, interesándose pola súa traxectoria profesional e polo seu país. Por outra banda, esta actividade fomentou a competencia multilingüe cando o conferenciante describía algunhas das tradicións culturais do seu país en galego. Anïk viña acompañado por Iñigo Mouzo Riobó, graduado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, que centrou a súa tese doutoral sobre : A construcción in situ do territorio a partires da arquitectura rexionalista (1920-1960) e rexionalista crítica (1960-2010) e realizou, entre outros, un máster sobre Territorio e cultura, Santiago de Compostela, formulación galeguista, arquitectura rexionalista … e que recalcou a importancia do patrimonio no carácter de Galicia e o deber de protexer a arte, o urbanismo como a outra esencia de Galicia e dos seus habitantes.



page | by Dr. Radut